Olimpíadas de xadrez

As Olimpíadas de Xadrez organízaas cada dous anos a FIDE desde 1927. Antes da segunda guerra mundial celebrouse ocasionalmente de xeito anual. Ata 1976 houbo tamén unha serie de olimpíadas non oficiais. Aínda que o xadrez non é un deporte olímpico, a FIDE é membro do Comité Olímpico Internacional e en teoría o xadrez podería chegar a ser deporte olímpico, aínda que non parece probable.