Oligodendrioglioma

Tipo de tumor cerebral.

Un oligodendroglioma é un tumor cerebral raro, englobado dentro do grupo dos gliomas. Teñen un crecemento lento e é pouco habitual que produzan metástases a outros tecidos, polo que son considerados tumores pouco agresivos. A célula predominante neste tipo de tumor deriva dos oligodendrocitos, que comezan a se dividir mitóticamente dun xeito descontrolado. Constitúen aproximadamente un 10% dos tumores primarios do cerebro e un 15% dos gliomas. A edad media de aparición é de 40 anos, e é raro que se dean en nenos. Son máis frecuentes en homes que en mulleres. Polo xeral, teñen unha evolución benigna e de mellor prognóstico ca os astrocitomas, e teñen unha maior resposta ao tratamento, que polo xeral está baseado en fármacos citostáticos. A sobrevivencia aos 5 anos é do 50% e aos 10 anos do 30%[1].

Oligodendroglioma nunha resonancia magnética, localizado no hemisferio dereito.
Matemática modelada de crecemento do anaplástico oligodendroglioma humano baseado en estruturas topolóxicas do estudo cerebral de dous pones (vídeo).
IDH1 R132H no ologodendroglioma anaplástico.

Etioloxía editar

A causa de aparición dun oligondroglioma é aínda descoñecida. Porén, algúns estudos encontraron evidencias de asociación con causas virais. Un caso foi reportado dun oligodendroglioma asociado á irradiación dun adenoma da glándula pituitaria.[2] O trastorno xenético máis común é a deleción dos brazos do cromosoma 1 e 19.[3]

Signos e síntomas editar

A maioría dos casos preséntase após dun cadro clínico de convulsións. Os oligodendrogliomas acontecen na súa meirande parte no lóbulo frontal, afectando á personalidade. A hipertensión endocraneal acompaña coa cefalea, un dos síntomas do tumor. Outros síntomas e signos derivados do tumor poden ser a visión borrosa, debilidade motora e afectación cognitiva. É típico o debut convulsivo. Microscópicamente, caracterízanse pola existencia de células redondas, con núcleos hipercromáticos e citoplasmas claros, con aspecto semellante a un "ovo fritido". Son tamén habituais os quistes, as calcificacións e as hemorraxias espontáneas[4].

Diagnóstico e tratamento editar

 
Micrografía dun oligodendrioglioma.

O diagnóstico dun oligodendroglioma baséase nos síntomas e signos clínicos e máis nas probas de imaxe. A TAC da unha imaxe hipodensa acompañada de áreas calcificadas que non son quen de captar contraste. A resonancia magnética tamén é útil para o diagnóstico deste tipo de tumores. Polo xeral, os oligodendriomas considérabse tumores incurábeis por medio dos tratamentos habituais. Porén, en comparación cos astrocitomas (os tumores cerebrais máis comúns), teñen unha maior supervivencia. Segundo algunhas series, a media de sobrevicencia é de 11,6 anos para os oligodendrogliomas de grao II, e de 3,5 anos para os de grao III[5]. O tratamento de elección e a extirpación cirúrxica reforaza con quimioterapia. Neste senso, os oligondendrogliomas con mutación cromosómica demostrada (cromosomas 1 e 19), a resposta á quimioterapia é maior que nos que non existe dita mutación. Os fármacos máis empregados son a vincristina e a procarbacina. En estadíos avanzados da doenza tamén se adoita asociar radioterapia.

Notas editar

  1. Harrison Principios de Medicina Interna 16a edición (2006). "Tumores cerebrais primarios". Harrison online en español (en español). McGraw-Hill. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2008. Consultado o 17 de julio de 2008. 
  2. Chun-I Huang, et. al., Oligodendroglioma occurring after radiation therapy for pituitary adenoma, Journal of Neurology, Neurosurgery, and Psychiatry 1987;50:1619-1624, http://www.pubmedcentral.nih.gov/picrender.fcgi?artid=1032603&blobtype=pdf
  3. Allelic losses at 1p36 and 19q13 in gliomas: correlation with histologic classification, definition of a 150-kb minimal deleted region on 1p36, and evaluation of CAMTA1 as a candidate tumor suppressor gene, Barbashina V, et.al., Clin Cancer Res. 2005 Feb 1;11(3):1119-28, http://clincancerres.aacrjournals.org/cgi/content/full/11/3/1119
  4. Bradley WG, Robert B. Neurology in Clinical Practice. 4º Edición. Butterworth-Heinemann, 2003.
  5. Ohgaki H, Kleihues P (2005). "Population-based studies on incidence, survival rates, and genetic alterations in astrocytic and oligodendroglial gliomas". J Neuropathol Exp Neurol. 64 (6): 479–89. PMID 15977639. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2016. Consultado o 03 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar