Olga Viza

xornalista española

Olga Viza, nada en Barcelona o 18 de agosto de 1958, é unha xornalista española.

Infotaula de personaOlga Viza

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Olga Viza López Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Virolai (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , presentadora de televisión , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0900403 Dialnet: 4831700 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Debutou en Televisión Española en xaneiro de 1978, cando aínda non finalizara os seus estudos de xornalismo, concretamente no espazo Polideportivo. Nos seguintes anos, alternaría a información deportiva con incursións esporádicas noutros xéneros televisivos, coma o programa musical Exterior día (1981).

Desde o programa deportivo Estadio 2, durante a segunda metade dos anos oitenta e principios dos noventa, tivo ocasión de narrar os acontecementos deportivos máis importantes, desde o Mundial de Fútbol de España ata os Xogos Olímpicos de Barcelona. Todo isto compatibilizado coa información deportiva en Telediario entre 1987 e 1992.

En setembro deste último ano, fichou por Antena 3. Ata 2003 presentou os informativos de mediodía e de tarde (Antena 3 Noticias), ademais dun magazín de actualidade para Antena 3 Televisión Internacional. Nese ano foi despedida pola canle nun proceso de reestruturación de persoal.

Tras un breve paso por Telecinco no programa semanal No es lo mismo (2004), recalou en La Sexta, que lle asignou a presentación do programa de entrevistas Habitación 623 a principios de 2006.

Entre 2004 e 2006 presentou El Tranvía, magazín vespertino de RNE. Desde 2006 está á fronte de Las Mañanas de Radio 1 de RNE.

Na súa carreira destaca a especialidade en deportes: seis Xogos Olímpicos, tres Mundiais, probas do Campionato Mundial de Motociclismo e do Campionato Mundial de Fórmula 1, e tamén torneos de ximnasia, tenis e golf.

Recoñecementos editar

Recibiu polo seu traballo en Antena 3 Noticias o Premio ATV 2002 á Mellor Comunicadora de Programas Informativos, ademais dun Ondas en 1995. Tamén estivo nomeada en 1993 e 1995 como Mellor presentadora ó TP de Ouro.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar