Oléron

(Redirección desde «Olerón»)

A Illa de Oléron (en francés: Île d'Oléron) é unha illa do Atlántico na costa oeste de Francia. Trátase da segunda maior illa da Francia metropolitana, por detrás de Córsega.

Illa de Oléron
Mapa da illa de Oléron
Situación
País Francia
Marocéano Atlántico
Coordenadas45°53.59′N 1°18′O / 45.89317, -1.300Coordenadas: 45°53.59′N 1°18′O / 45.89317, -1.300
Xeografía
Superficie175 km² km²
Punto máis alto34 m.
Demografía
Poboación20.009 hab. (2009)
Lingua propiaFrancés

Historia editar

No século sétimo e oitavo, xunto con , formou o Vacetae Insulae ou illas Vacetian. Vaceti era outro nome para os vascóns.

 
Localización da illa

Foi en Oléron entre 1152 e 1160 que Leonor de Aquitania introduciu o primeiro dereito marítimo nesa parte do mundo. En 1306, Eduardo I de Inglaterra concedeu a illa ao seu fillo, Eduardo II, como parte do ducado de Aquitania.[Cómpre referencia]

O 20 de marzo de 1586, a illa foi tomada por Agrippa d'Aubigné.[Cómpre referencia]

Xeografía editar

Trátase dunha fértil e ben cultivada illa na costa atlántica de Francia, que se atopa no Golfo de Biscaia. Ten 34 Km de longo por 15 de ancho e un relevo relativamente plano cunha cota máis alta de 34 metros. En total suman 175 km² nos que se agrupan 20.009 habitantes[cando?] repartidos en oito comunas e dous cantóns (du Château-d'Oléron e de Saint-Pierre-d'Oléron).

Desde o 19 de marzo de 1966 está unida ao continente por unha ponte de 2.862 m (o segundo máis longo deste tipo en Francia, por detrás do da illa de Ré[Cómpre referencia]).

Forma xunto ás marismas de Marennes a zona ostrícola de Marennes-Oléron.

 
Fotografía aérea de Oléron

O clima é xeralmente tépedo (clima tépedo marítimo), con choivas suficientes pero non excesivas e de 3 a 15 días de intensa calor nos meses estivais de xullo e agosto, na súa maioría agrupados.

Administración editar

Administrativamente, a illa pertence á Charente Marítimo, departamento na rexión de Poitou-Charentes. Está dividida en 8 comunas:

Transporte editar

 
ponte da illa de Oléron, visto desde Le Château d'Oléron

Desde 1966, esta conectada ao continente por unha ponte. Cunha lonxitude de 2.862 m entre os alicerces, foi a ponte máis longa de Francia no momento da construción. Agora é a terceira, logo da Ponte de Saint-Nazaire e a Ponte da illa de Ré.[Cómpre referencia]

Turismo editar

Como grande illa do Atlántico a só 3 quilómetros da costa aquitana de Francia, Oléron é un popular destino turístico. Hai fermosas praias, o surf e montar da cabalo son actividades destacadas e hai moitos edificios interesantes.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar