Oficina Filatélica e Numismática da Cidade do Vaticano

entidade emisora de selos e moedas do Vaticano

Coordenadas: 41°54′12.13″N 12°27′24.26″O / 41.9033694, -12.4567389

A Oficina Filatélica e Numismática da Cidade do Vaticano (en italiano: Ufficio Filatelico e Numismatico) é a entidade responsable da emisión dos selos postais e das moedas da Cidade do Vaticano.[1]

Oficina Filatélica e Numismática da Cidade do Vaticano
––
Ufficio Filatelico e Numismatico



Serie anual de euros do Vaticano (2008).

LocalizaciónCidade do Vaticano Cidade do Vaticano.
ProdutosMoedas, medallas e selos postais
Na rede
http://www.vaticanstate.va/content/vaticanstate/it/servizi/ufficio-filatelico-e-numismatico.html, http://www.vaticanstate.va/content/vaticanstate/en/servizi/ufficio-filatelico-e-numismatico.html, http://www.vaticanstate.va/content/vaticanstate/fr/servizi/ufficio-filatelico-e-numismatico.html, http://www.vaticanstate.va/content/vaticanstate/de/servizi/ufficio-filatelico-e-numismatico.html e http://www.vaticanstate.va/content/vaticanstate/es/servizi/ufficio-filatelico-e-numismatico.html
editar datos en Wikidata ]

Produtos editar

 
Selo postal do Vaticano (2003)

Aínda que os selos vaticanos só se poidan usar dentro da Cidade do Vaticano e que a cantidade de moedas dese Estado que se cuñan anualmente sexa moi limitada (por exemplo: o valor total das moedas emitidas en 2002 estivo restrinxido a 310.400 euros), as moedas e os selos do Vaticano convertéronse un importante sinal de soberanía deste microestado, e a súa escaseza fixo que se convertesen en pezas moi populares entre os coleccionistas numismáticos e filatélicos.[2][3]

 
Museo Filatélico e Numismático da Cidade do Vaticano

De feito, este interese e a demanda xerada no mercado xustificaron a creación en 2007 do Museo Filatélico e Numismático da Cidade do Vaticano, integrado nos Museos Vaticanos, acontecemento que foi obxecto de emisión de dous selos conmemorativos.[4][5]

Malia ser a autoridade emisora, o Ufficio non se encarga da cuñaxe das moedas vaticanas, senón que é o Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, de Italia, quen se ocupa dese labor. Isto é así en virtude dun tratado monetario asinado anteriormente coa República Italiana, que foi asumido tamén pola Unión Europea, que recoñece o euro como moeda propia da Cidade do Vaticano.[6][7][8]

Notas editar

  1. "Chi siamo". Ufficio Filatelico e Numismatico.
  2. "Euro vaticano". Sala Stampa della Santa Sede
  3. "Performance of the First Vatican Euro Coins: Part One / Part Two". En Coins Weekly. 30 de xaneiro / 13 de febreiro de 2000.
  4. "Poste e francobolli: i MV, crocevia del mondo! Arquivado 08 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine.". Musei Vaticani.
  5. " The new Philatelic and Numismatic Museum". Vatican Philatelic Society.
  6. "Monete e francobolli". Stato della Città del Vaticano.
  7. "Acuerdos sobre las relaciones monetarias (Mónaco, San Marino, El Vaticano, Andorra)". Eur-lex.europa.eu
  8. "Convenzione monetaria tra l’Unione europea e lo Stato della Città del Vaticano". Stato della Città del Vaticano.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar