Odin (observatorio espacial)

Odin é un observatorio espacial da Corporación Espacial Sueca lanzado o 20 de febreiro de 2001 mediante un foguete Start 1 desde Svobodny, en Rusia.[2][5][6]

Odin
TipoCientífico
OrganizaciónCorporación Espacial Sueca
Destino actualEn servizo.[1]
Data de lanzamento20 de febreiro de 2001, 8:48 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorStart 1[2][5]
Sitio de lanzamentoSvobodniy, Rusia[2][6]
Obxectivo da misiónObservación astronómica e aeronómica no infravermello.[2][6]
NSSDC ID2001-007A
Masa250 kg[5]
Potencia340 vatios[2]
Datos orbitais
Semieixo maior6927 km[1]
Inclinación97,6 graos[1]
Apoapse563,6 km[1]
Periapse549,3 km[1]

Características editar

A misión de Odin é dobre: estudar, no rango do infravermello a atmosfera terrestre e obxectos astronómicos. O observatorio ten unha precisión de apuntado de 15 segundos de arco e unha capacidade de almacenamento a bordo de 100 MB. Como sensor utiliza un radiómetro crioxénico co que observar nas bandas de 118,25-119,25, 486,1-503,9 e 541,0-580,4 GHz cunha resolución de entre 0,1 e 1,0 MHz, utilizando tamén un espectrómetro óptico para facer medicións en bandas entre os 280 e 800 nanómetros e na banda de 1270 nm. Ambos sensores reciben a luz recollida por un telescopio de tipo gregoriano de 1,1 m de diámetro.[1][2][5][6]

Os gases observados no medio interestelar coas capacidades de Odin son o ioduro de cloro, o vapor de auga, o sulfuro de hidróxeno, o amoníaco e algúns outros. Os gases observados na atmosfera terrestre, pola súa parte, son o monóxido de cloro, o óxido nitroso, o dióxido de nitróxeno, o peróxido de hidróxeno, o ácido nítrico e uns poucos máis.[2][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ODIN" (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (26 de agosto de 2014). "Odin" (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2015. 
  3. "Note verbale dated 27 February 2001 from the Permanent Mission of Sweden to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-81558). 9 de marzo de 2001: 2. Consultado o 11 de novembro de 2015. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Odin" (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2015). Gunter's Space Page, ed. "Odin" (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2015. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Odin" (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2015.