Odense[1] é unha comuna e cidade de Dinamarca, situada na rexión de Syddanmark, na illa de Fionia. Ten unha poboación de 172.512 habitantes (2014), sendo a terceira cidade máis poboada de Dinamarca.

Modelo:Xeografía políticaOdense
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 55°24′N 10°23′L / 55.4, 10.38Coordenadas: 55°24′N 10°23′L / 55.4, 10.38
Estado federadoDinamarca
Region of Denmark (en) TraducirDinamarca do Sul (pt) Traducir
MunicipiosOdense (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Fiónia (pt) Traducir
Odense Municipality (1838-1970) (en) Traducir (–1970)
Odense (pt) Traducir (1970–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación176.683 (2017) Editar o valor em Wikidata (580,54 hab./km²)
Xeografía
Superficie304.340.000 m² Editar o valor em Wikidata
Altitude13 m Editar o valor em Wikidata
Creación1355 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoPeter Rahbæk Juel (en) Traducir (2016–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal5000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico6 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Katowice
St Albans
Shaoxing (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 22+

Páxina webodense.dk Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O nome de Odense provén de Odins Vi que significa 'o Santuario de Odin', en relación coa antiga mitoloxía escandinava. É unha das cidades máis antigas de Dinamarca. En 1988 celebrou os 1.000 anos de antigüidade. O Templo de San Knud foi durante a Idade Media un importante punto de peregrinación para honrar ao rei Knud, asasinado no 1086. En 1805 converteuse na sede da asemblea provincial de Fionia.

Arquitectura editar

  • Catedral de San Knud: é unha das maiores de Dinamarca. É de estilo gótico. Foi construída entre 1081 e 1093 e reconstruída no século XIII. Aquí está enterrado o rei Knus, patrón de Dinamarca, que disputou con Guillerme de Normandía a posesión de Inglaterra e que morreu asasinado no ano 1086. A catedral contén un retablo en forma de tríptico de máis de 5 metros de altura. Foi esculpido por Claus Berg, mestre escultor nacido en Odense. O retablo contén máis de 300 figuras. A catedral ten tamén pías bautismais do ano 1720.
  • Casa de Hans Christian Andersen: está situada nun barrio completamente remodelado e que conserva casas de principios do século XIX. A vivenda na que Andersen pasou parte da súa vida converteuse nun museo no que se poden ver diversos manuscritos das súas obras así como debuxos e esbozos de viaxes realizadas polo escritor.
  • Pobo Fioniano: trátase dun museo ao aire libre no que se poden visitar unha vintena de casas e granxas típicas da zona completamente reconstruídas. O museo permite ver como era a vida rural na provincia nos séculos XVI e XVII.

Veciños notábeis editar

Notas editar

  1. «Odense». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1502. ISBN 9788482893600. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar