PDB, Estrutura do dominio superenrolado da ocludina humana (aa. 416-522)
Ocludina
Identificadores
Símbolo OCLN ; BLCPMG
Entrez 100506658
OMIM

602876

PDB 1XAW, 3G7C 1WPA, 1XAW, 3G7C
RefSeq NP_001192183
UniProt Q16625
Outros datos
Número EC 2.1.1.67
Locus Cr. 5 68.79 – 68.85 Mb

A ocludina é unha proteína que nos humanos está codificada polo xene OCLN.[1][2] É unha proteína integral de membrana de 65 kDa e 522 aminoácidos localizada nas unións herméticas que unen unhas células con outras. Foi descrita por primeira vez en 1993 por Shoichiro Tsukita.[3] Xunto coas proteínas claudinas, as ocludinas son os principais compoñentes das unións herméticas.

Estrutura editar

Segundo a hidrofilidade global da molécula, esta atravesa a membrana catro veces, formando dous bucles extracelulares e expoñendo no citosol os seus extremos N-terminal e C-terminal. A interacción da ocludina con varias proteínas citoplasmáticas da placa de unión ocorre polo seu extremo C-terminal, mentres que os bucles extracelulares crese que están implicados na regulación da permeabilidade paracelular e a adhesión celular. A fosforilación/desfosforilación xoga un papel fundamental na regulación da ocludina e das unións herméticas. [4]

Asociación con enfermidades editar

Os trastornos na regulación da ocludina son un importante aspecto de diversas doenzas, xa que se distorsionan as barreiras celulares. As estratexias para previr ou reverter esta regulación á baixa poden ser un importante recurso terapéutico. Está implicada en diarreas, cancro, doenzas inflamatorias, alerxias, diabetes, esclerose múltiple, entre outras.[4]

 
Diagrama dunha unión hermética.

Interaccións editar

A ocludina interacciona coa proteína 2 das unións herméticas,[5][6][7] YES1[8] e coa proteína 1 das unións herméticas.[9][10]

Notas editar

  1. Ando-Akatsuka Y, Saitou M, Hirase T, Kishi M, Sakakibara A, Itoh M, Yonemura S, Furuse M, Tsukita S (May 1996). "Interspecies diversity of the occludin sequence: cDNA cloning of human, mouse, dog, and rat-kangaroo homologues". J Cell Biol 133 (1): 43–47. PMC 2120780. PMID 8601611. doi:10.1083/jcb.133.1.43. 
  2. "Entrez Gene: OCLN occludin". 
  3. Furuse M, Hirase T, Itoh M, Nagafuchi A, Yonemura S, Tsukita S, Tsukita S (1993). "Occludin: a novel integral membrane protein localizing at tight junctions". J. Cell Biol. 123 (6 Pt 2): 1777–1788. PMC 2290891. PMID 8276896. doi:10.1083/jcb.123.6.1777. 
  4. 4,0 4,1 Feldman, Gemma J.; Mullin, James M; Ryan, Michael P (2005). "Occludin: Structure, function and regulation". Advanced Drug Delivery Reviews (en inglés) 57 (6): 883– 917. ISSN 0169-409X. PMID 15820558. doi:10.1016/j.addr.2005.01.009. 
  5. Peng, Bi-Hung; Lee J Ching; Campbell Gerald A (Dec 2003). "In vitro protein complex formation with cytoskeleton-anchoring domain of occludin identified by limited proteolysis". J. Biol. Chem. 278 (49): 49644–49651 issn = 0021–9258. PMID 14512431. doi:10.1074/jbc.M302782200. 
  6. Itoh, M; Morita K; Tsukita S (Feb 1999). "Characterization of ZO-2 as a MAGUK family member associated with tight as well as adherens junctions with a binding affinity to occludin and alpha catenin". J. Biol. Chem. 274 (9): 5981–5986. ISSN 0021-9258. PMID 10026224. doi:10.1074/jbc.274.9.5981. 
  7. Wittchen, E S; Haskins J; Stevenson B R (Dec 1999). "Protein interactions at the tight junction. Actin has multiple binding partners, and ZO-1 forms independent complexes with ZO-2 and ZO-3". J. Biol. Chem. 274 (49): 35179–35185. ISSN 0021-9258. PMID 10575001. doi:10.1074/jbc.274.49.35179. 
  8. Chen, Yan-Hua; Lu Qun; Goodenough Daniel A; Jeansonne Beverly (Apr 2002). "Nonreceptor tyrosine kinase c-Yes interacts with occludin during tight junction formation in canine kidney epithelial cells". Mol. Biol. Cell 13 (4): 1227–1237 issn = 1059–1524. PMC 102264. PMID 11950934. doi:10.1091/mbc.01-08-0423. 
  9. Fanning, A S; Jameson B J; Jesaitis L A; Anderson J M (Nov 1998). "The tight junction protein ZO-1 establishes a link between the transmembrane protein occludin and the actin cytoskeleton". J. Biol. Chem. 273 (45): 29745–29753 issn = 0021–9258. PMID 9792688. doi:10.1074/jbc.273.45.29745. 
  10. Rao, Radhakrishna K; Basuroy Shyamali, Rao Vijay U, Karnaky Jr Karl J, Gupta Akshay (Dec 2002). "Tyrosine phosphorylation and dissociation of occludin-ZO-1 and E-cadherin-beta-catenin complexes from the cytoskeleton by oxidative stress". Biochem. J. (England) 368 (Pt 2): 471–81. ISSN 0264-6021. PMC 1222996. PMID 12169098. doi:10.1042/BJ20011804. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar