Ocho apellidos vascos

Ocho apellidos vascos é un filme español dirixido por Emilio Martínez-Lázaro, con guión de Borja Cobeaga e Diego San José, protagonizada por Clara Lago, Dani Rovira, Carmen Machi e Karra Elejalde. Estreouse en España o 14 de marzo de 2014.

Ocho apellidos vascos
Ficha técnica
Título orixinalOcho apellidos vascos
DirectorEmilio Martínez-Lázaro
GuiónBorja Cobeaga
Diego San José
IntérpretesClara Lago
Dani Rovira
Carmen Machi
Karra Elejalde
Alfonso Sánchez
MúsicaFernando Velázquez
FotografíaGonzalo F. Berridi
Juan Molina
EstudioLazonafilms / Kowalski Films / Telecinco Cinema
Estrea14 de marzo de 2014
Duración98 minutos
OrixeEspaña España
XéneroComedia
Orzamento€3 000 000 [1][2]
Recadación$77 298 155[3]
Filme seguinteOcho apellidos catalanes
Na rede
IMDB: tt2955316 Filmaffinity: 162717 Allocine: 221264 Allmovie: v594438 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Rafa (Dani Rovira), un sevillano que nunca saíu de Andalucía, decide abandonar a súa terra natal para seguir a Amaia (Clara Lago), unha moza vasca que a diferenza doutras mulleres que coñeceu se resiste ás súas técnicas de sedución. Para conseguilo, e en contra dos consellos dos seus amigos, decide viaxar á vila da súa pretendida, no corazón abertzale do País Vasco. Unha serie de malentendidos levarán ao mozo sevillano a ter que facerse pasar por un auténtico vasco con oito apelidos, e ir enredándose cada vez máis no personaxe que creou para lograr os seus propósitos.

Personaxes editar

Recepción editar

Na súa primeira fin de semana a produción reuniu 404.020 espectadores xerando 2,72 millóns de euros de recadación.[4] Eses datos sitúana entre as mellores quince estreas da historia do cine español.[5] Na súa segunda fin de semana a produción aumenta a recadación case un 56% respecto á fin de semana anterior só superado por dúas superproducións: O Imposible e Avatar con 4,4 millóns en só 10 días.[6]

Premios e candidaturas editar

XXIX edición dos Premios Goya
Categoría Candidato Resultado
Mellor actriz secundaria Carmen Machi Gañadora
Mellor actor secundario Karra Elejalde Gañador
Mellor actor revelación Dani Rovira Gañador
Mellor canción orixinal No te marches jamás
Fernando Velázquez
Nomeada
Mellor fotografía Kalo Berridi Nomeado
Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos
Categoría Candidato Resultado
Mellor Actor Revelación Dani Rovira Gañador[7]
Mellor Actor de Elenco Karra Elejalde Gañador[7]

Notas editar

  1. "'Ocho apellidos vascos' es ya la película española con más espectadores" (HTML). La Vanguardia. 27 de abril de 2014. Consultado o 23 de agosto de 2015. 
  2. "'Ocho apellidos' ya gana a 'Lo imposible' en espectadores" (HTLM). El Mundo. 21 de abril de 2014. Consultado o 23 de agosto de 2015. 
  3. boxofficemojo.com (IMDB) (1 de agosto de 2014). "Ocho apellidos vascos (2014)". Consultado o 18 de agosto de 2014. 
  4. ElCorso. "Ocho apellidos vasco coge la ola de Lo Imposible". Consultado o 17 de marzo de 2014. 
  5. El Correo. "Ocho apellidos vascos revienta la taquilla". Consultado o 17 de marzo de 2014. 
  6. http://cultura.elpais.com/cultura/2014/03/24/actualidad/1395663646_520785.html ‘Ocho apellidos vascos’ duplica su taquilla en su segundo fin de semana
  7. 7,0 7,1 "Ocho Medallas del CEC para La isla mínima". Academia de cine. Consultado o 7 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar