En astronomía, os obxectos separados (tradución da expresión inglesa detached object), tamén denominados obxectos transneptunianos separados de Neptuno, obxectos separados distantes (DDO),[1] obxectos da nube de Hills, obxectos do disco disperso estendido (E-SDO)[2] ou disperso–estendidos, como na clasificación oficial da Deep Ecliptic Survey,[3] son unha clase dinámica de corpos do Sistema Solar exterior situados máis alá da órbita de Neptuno. Estes obxectos teñen órbitas con puntos de máximo achegamento ao Sol (perihelio) a unha distancia suficiente do de Neptuno de xeito que só están moderadamente afectados por este e outros planetas. Este feito failles parecer "independentes" do Sistema Solar.[4][5]

Obxectos transeptunianos máis aló de 100UA: SDO (en gris) e obxectos separados (en branco)

Estes obxectos diferéncianse da mayoría dos obxectos transneptunianos (TNOs), que forman un conxunto vagamente definido das poboacións que foron perturbadas en diversos graos na súa órbita actual tras encontros gravitacionais cos xigantes gasosos, predominantemente Neptuno. Os obxectos separados teñen perihelios maiores cás outras poboacións de TNO, incluídos os obxectos con resonancia orbital con Neptuno, como Plutón, os obxectos clásicos do cinto de Kuiper en órbitas non resoantes tales como Makemake e os obxectos do disco disperso como Eris.

Están identificados polo menos nove destes corpos de xeito seguro,[6] dos cales o maior e mellor coñecido é Sedna. Aqueles con perihelios maiores de 75 UA, no que se chama a nube de Oort interior, denomínanse sednoides. En 2014 había dous sednoides coñecidos, Sedna e 2012 VP113.

Órbitas editar

Os obxectos separados teñen perihelios moito maiores có afelio de Neptuno. Habitualmente son moi elípticos, con semieixes maiores de ata uns poucos centos de UAs. Estas órbitas non puideron crearse por perturbacións gravitacionais dos xigantes gasosos (particularmente, Neptuno). En lugar disto propuxéronse unha serie de explicacións, incluíndo un encontro cunha estrela pasaxeira[7] ou con obxectos distantes de tamaño planetario.[8] A clasificación suxerida polo equipo de Deep Ecliptic Survey introduce unha distinción formal entre obxectos dispersos-próximos (que puideron ser dispersados por Neptuno) e dispersos-distantes (como Sedna) empregando un parámetro de Tisserand de valor 3.[3]

Clasificación editar

Os obxectos separados son unha das cinco clases distintas de TNO. As outras catro son obxectos clásicos do cinto de Kuiper, obxectos resonantes, obxectos do disco disperso (SDO) e sednoides. Os obxectos separados xeralmente teñen un perihelio superior a 40 UA, disuadindo interaccións fortes con Neptuno, que ten unha órbita aproximadamente circular de arredor de 30 UA do Sol. Porén, non hai límites claros entre as rexións dispersas e separadas, xa que ambas as dúas poden coexistir como TNO nunha rexión intermedia cunha distancia do perihelio de entre 37 e 40 UA.[6] Un corpo intermedio cunha órbita ben determinada é (120132) 2003 FY128.

O descubrimento de Sedna xunto con outros obxectos como 2000 CR105 e 2004 XR190 motivou a discusión dunha categoría de obxectos distantes que poderían estar tamén dentro da Nube de Oort ou, máis ben, seren obxectos de transición entre o disco disperso e a Nube de Oort.[5]

Aínda que Sedna é considerado oficialmente un obxecto do disco disperso polo MPC, o seu descubridor Michael E. Brown suxeriu que debido ao seu perihelio de 76 UA está moi afastado para verse afectado pola atracción gravitacional dos planetas exteriores, e que debe de ser considerado un obxecto da nube de Oort Interior en lugar dun membro do disco disperso.[9] Esta clasificación de Sedna como un obxecto individual está aceptada por algunhas publicacións.[10]

Esta liña de pensamento suxire que a falta dunha interacción gravitacional significativa cos planetas exteriores crea un grupo estendido exterior que comeza nalgún lugar entre Sedna (perihelio 76 UA) e os SDOs máis convencionais como 1996 TL66 (perihelio 35 UA), que está clasificado como disperso-próximo por Deep Ecliptic Survey.[11]

Un dos problemas da definición desta categoría estendida é que poden existir resonancias débiles que serían difíciles de probar debido ás perturbacións planetarias caóticas e á actual falta de coñecemento das órbitas destes obxectos distantes. Teñen períodos orbitais de máis de 300 anos e a maioría só se observou por unha observación curta do seu arco durante un par de anos. Debido á súa gran distancia e lento movemento contra o fondo de estrelas, poden pasar décadas antes de que a meirande parte destas órbitas distantes se determinen o suficientemente ben como para confirmar ou descartar unha resonancia. As melloras no coñecemento das órbitas e a resonancia destes obxectos axudaría a comprender a migración dos planetas xigantes e a formación do Sistema Solar. Por exemplo, as simulacións de Emelyanenko e Kiseleva en 2007 mostran que moitos obxectos distantes poderían estar en resonancia con Neptuno. Estes mostran unha probabilidade do 10% de que 2000 CR105 se atope nunha resonancia 1:20, unha probabilidade do 38% de que 2003 QK91 se atope en resonancia 3:10, e un 84% de probabilidade de que (82075) 2000 YW 134 estea en resonancia 3:8.[12] O planeta anano potencial 2005 TB190 aparentemente ten menos dun 1% de posibilidades de estar en resonancia 1:4.[12]

Posibles obxectos separados editar

Esta é unha lista dos obxectos separados coñecidos, que non poderían ser dispersados facilmente pola órbita de Neptuno e polo tanto é probable que sexan obxectos separados, pero que se atopan dentro da distancia de perihelio ≈50-75 UA, fronteira empregada que definiría os sednoides.

Obxectos separados destacados
Nome Diámetro (km) Perihelio (UA) Semieixe maior (UA) Afelio (UA) Arg. per. (°) Ano Descubridor Imaxe
2004 XR190[13][14] 335–850 51,49 ± 0,10 57,74 ± 0,02 64,00 ± 0,02 2004 Lynne Jones et al.
2004 VN112[15][16] 130–300 47,332±0,004 328,8±1,6 610±3 327,22±0,07 2004 CTIO[17]
2005 TB190 ≈ 500 46,2 76,4 106,5 2005 Becker, A. C. et al.
2000 CR105[13] ≈ 250 44,0 224 403 316,5 2000 Lowell Observatory
1995 TL8 ≈ 350 40,0 52,5 64,5 1995 A. Gleason
2010 GB174 242[18] 48,5 361 673 347,3 2010 OCFH

Notas editar

  1. Gomes, Rodney S.; Matese, J.; Lissauer, J. (2006). "A distant planetary-mass solar companion may have produced distant detached objects". Icarus (Elsevier) 184 (2): 589–601. Bibcode:2006Icar..184..589G. doi:10.1016/j.icarus.2006.05.026. 
  2. Evidence for an Extended Scattered Disk?
  3. 3,0 3,1 Elliot, J. L.; Kern, S. D.; Clancy, K. B.; Gulbis, A. A. S.; Millis, R. L.; Buie, M. W.; Wasserman, L. H.; Chiang, E. I.; Jordan, A. B.; Trilling, D. E.; Meech, K. J. (2006). "The Deep Ecliptic Survey: A Search for Kuiper Belt Objects and Centaurs. II. Dynamical Classification, the Kuiper Belt Plane, and the Core Population" (PDF). The Astronomical Journal 129: 1117. Bibcode:2005AJ....129.1117E. doi:10.1086/427395. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xullo de 2013. Consultado o 12 de novembro de 2015. 
  4. Lykawka, P. S.; Mukai, T. (2008). "An Outer Planet Beyond Pluto and the Origin of the Trans-Neptunian Belt Architecture". Astronomical Journal 135: 1161. Bibcode:2008AJ....135.1161L. arXiv:0712.2198. doi:10.1088/0004-6256/135/4/1161. 
  5. 5,0 5,1 Jewitt, D.; Delsanti, A. (2006). "The Solar System Beyond The Planets" (PDF). Solar System Update : Topical and Timely Reviews in Solar System Sciences (Springer-Praxis Ed.). ISBN 3-540-26056-0. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xaneiro de 2007. Consultado o 12 de novembro de 2015. 
  6. 6,0 6,1 Lykawka, Patryk Sofia; Mukai, Tadashi (xullo de 2007). "Dynamical classification of trans-neptunian objects: Probing their origin, evolution, and interrelation". Icarus 189 (1): 213–232. Bibcode:2007Icar..189..213L. doi:10.1016/j.icarus.2007.01.001. 
  7. Morbidelli, Alessandro; Levison, Harold F. (novembro de 2004). "Scenarios for the Origin of the Orbits of the Trans-Neptunian Objects 2000 CR105 and 2003 VB12". The Astronomical Journal 128 (5): 2564–2576. Bibcode:2004AJ....128.2564M. arXiv:astro-ph/0403358. doi:10.1086/424617. Consultado o 2 de xullo de 2008. 
  8. Gomes, Rodney S.; Matese, J; Lissauer, J. (outubro de 2006). "A distant planetary-mass solar companion may have produced distant detached objects". Icarus 184 (2): 589–601. Bibcode:2006Icar..184..589G. doi:10.1016/j.icarus.2006.05.026. 
  9. Brown, Michael E. "Sedna (The coldest most distant place known in the solar system; possibly the first object in the long-hypothesized Oort cloud)". California Institute of Technology, Department of Geological Sciences. Consultado o 2 de xullo de 2008. 
  10. D.Jewitt, A. Moro-Martın, P.Lacerda The Kuiper Belt and Other Debris Disks to appear in Astrophysics in the Next Decade, Springer Verlag (2009). Preprint of the article (pdf) Arquivado 18 de setembro de 2009 en Wayback Machine.
  11. Buie, Marc W. (28 de decembro de 2007). "Orbit Fit and Astrometric record for 15874". SwRI (Space Science Department). Consultado o 12 de novembro de 2011. 
  12. 12,0 12,1 Emel’yanenko, V. V. (2008). "Resonant motion of trans-Neptunian objects in high-eccentricity orbits". Astronomy Letters 34: 271–279. Bibcode:2008AstL...34..271E. doi:10.1134/S1063773708040075.  (precísase subscrición)
  13. 13,0 13,1 E. L. Schaller and M. E. Brown (2007). "Volatile loss and retention on Kuiper belt objects" (PDF). Astrophysical Journal 659: I.61–I.64. Bibcode:2007ApJ...659L..61S. doi:10.1086/516709. Consultado o 2 de abril de 2008. 
  14. Allen, R. L.; Gladman, B. (2006). "Discovery of a low-eccentricity, high-inclination Kuiper Belt object at 58 AU". The Astrophysical Journal 640. arXiv:astro-ph/0512430. doi:10.1086/503098. 
  15. Marc W. Buie (08-11-2007). "Orbit Fit and Astrometric record for 04VN112". SwRI (Space Science Department). Arquivado dende o orixinal o 18-08-2010. Consultado o 17-07-2008. 
  16. "JPL Small-Body Database Browser: (2004 VN112)". Consultado o 24-02-2015. 
  17. "List Of Centaurs and Scattered-Disk Objects". Consultado o 05-07-2011. 
  18. Brown, Michael E. (10 de setembro de 2013). "How many dwarf planets are there in the outer solar system? (updates daily)". California Institute of Technology. Consultado o 27-05-2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar