A obscenidade (do latín obscenus) é un termo co significando de "repulsivo, detestable", (posiblemente derivado de ob caenum, literalmente "do lixo"). O termo emprégase principalmente nun contexto legal para describir expresións (palabras, imaxes, accións) que ofenden a moral sexual prevalente.

Malia o seu longo uso formal e informal cunha connotación sexual, a palabra aínda mantén o significado de "noxento" e mesmo "desfavorable", como "beneficios obscenos" ou "a obscenidad da guerra". Pode empregarse sinxelamente no sentido de blasfemia ou irreverencia, ou pode sinalar algo que é un tabú, indecente, aborrecible ou repugnante.

A definición de obscenidad difire segundo as culturas, entre as distintas comunidades dentro da mesma cultura, e tamén entre os individuos desas mesmas comunidades. Moitas culturas produciron leis que definen o que é considerado obsceno, e a censura úsase a miúdo para tentar suprimir ou controlar os materiais que resultan obscenos segundo esas definicións, incluíndo normalmente, pero non só, material pornográfico.

Por mor de que o concepto de obscenidade está a miúdo mal definido, pode ser usado como ferramenta política para restrinxir a liberdade de expresión. Así, a definición de obscenidade pode ser un tema que afecte os dereitos fundamentais da persoa.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • O'Toole, L. (1998) Pornocopia: Porn, Sex, Technology and Desire. Londres: Serpent's Tail ISBN 1-85242-395-1
  • Silver, Judith, of Coollawyer.com, "Movie Day at the Supreme Court or 'I Know It When I See It': A History of the Definition of Obscenity", on findlaw.com
  • Slater, W. J., review of "The Maculate Muse: Obscene Language in Attic Comedy" by Jeffrey Henderson. Phoenix, Vol. 30, No. 3 (Autumn, 1976), pp. 291–293.