O soño de Xacob

pintura de José de Ribera

O soño de Xacob é un óleo sobre lenzo do pintor barroco español José de Ribera (1591-1652). Mide 179 centímetros de alto por 133 cm de ancho. Data do ano 1639 e atópase na actualidade exposto no Museo do Prado de Madrid (España).

O soño de Xacob
ArtistaJosé de Ribera
Data1639
TécnicaPintura ó óleo sobre lenzo
Dimensións179 cm × 133 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid, España España)

Pertence á escola española do século XVII.

No século XVII son frecuentes as versións do episodio coa escaleira, pero Ribera parece insistir na humanidade do Pastor. A súa versión é moi naturalista ao representar ao protagonista, pero introduce un toque de fantasía na visión esfumada dos anxos que soben e baixan. Talvez por este detalle e pola gama de cor dourada, o cadro atribuíase antigamente a Murillo.

Descrición editar

A obra representa unha escena que se atopa no Antigo Testamento, no libro da Xénese, capítulo 28. Nela o patriarca Xacob aparece recostado sobre o seu costado esquerdo mentres está durmindo. Xunto ao patriarca hai unha árbore e unha escala de luz, pola que soben e baixan os anxos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Pérez Sánchez, Alfonso E., Ribera, Madrid, Alianza Editorial, 1994, pp. 44–54.
  • Tormo y Monzó, Elías, Ribera en el Museo del ­Prado, Barcelona, p. 15.
  • Spinosa, Nicola, L'opera completa del Ribera, ­Milán, Rizzoli, 1978, n.º 150.
  • Ribera (1591-1652), cat. exp., Madrid, Museo Nacional del Prado, 1992, pp. 308–309 y 336-337, n.os 79, 94 y 476-477, n.º D60.
  • Mayer, August Liebmann, Jusepe de Ribera (Lo Spagnoletto) [1908], Leipzig, 1923, pp. 149–151.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

El sueño de Jacob (en castelán)