O espolio (El Greco)

Pintura de El Greco

O espolio ou O despoxo das vestiduras de Cristo no Calvario é un cadro ó óleo pintado por El Greco (Domenikos Theotokopoulos, 1541-1614), para a sancristía da catedral de Toledo. É unha pintura ó óleo sobre lenzo e mide 285 centímetros de atura e 173 centímetros de ancho. Foi realizada entre os anos 1577 e 1579 e aínda se conserva na sancristía da catedral. Está colocada como un retablo ó fondo da sala e está emmarcada por dúas columnas corintias de mármore.[1]

O espolio
ArtistaEl Greco
Dataaprox. 1577-1579
TécnicaÓleo sobre tela
Dimensións285 cm × 173 cm
LocalizaciónCatedral de Toledo (Toledo)

O resultado da composición da pintura non foi do gusto dos comitentes, xa que alegaron que teoloxicamente a testa de Cristo tería que ocupar a parte superior da pintura, sen que houbese ninguén que o superase e tamén se discutiu sobre a conveniencia de que aparezan as tres Marías nesta escena, xa que segundo capítulo catedralicio en ningún relato dos Evanxeos saen como presentes nesta escena.

De acordo con Manuel Bartolomé Cossío, este cadro é o máis poético e expresivo do artista, feito que supón un momento álxido da súa produción.[2] Para Josep Gudiol Ricart, é unha das mellores obras do pintor e unha obra capital da historia da pintura europea.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Alcolea i Gil, Santiago (1988). Historia Universal del Arte. Renacimiento (II) y manierismo: España y Portugal Volum VI (en castelán). Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 84-320-8906-0. 
  • Brown, Jonathan (1982). "El Greco, el hombre y los mitos". El Greco de Toledo (en castelán). Alianza Editorial. ISBN 84-206-9015-5. 
  • Buendía, José Rogelio (1988). "El Greco, humanismo y pintura". El Greco (en castelán). Sarpe. ISBN 84-7700-088-3. 
  • Cossío, Manuel Bartolomé (1965). El Greco (en castelán). Espasa Calpe Argentina, S.A. ISBN 84-7254-514-8. 
  • DDAA (1984). Historia Universal del Arte:Volum X (en castelán). Madrid: Sarpe. ISBN 84-7291-598-0. 
  • Gudiol Ricart, Josep (1982). El Greco (en castelán). Ediciones Poligrafa S.A. ISBN 84-343-0031-1. 
  • Lambraki-Plaka, Marina (1999). El Greco-The Greek. Kastaniotis (en inglés). ISBN 960-03-2544-8. 
  • Pallucchini, Ana (1965). Pinacoteca de los genios: El Greco (en castelán). Buenos Aires: Editorial Codex. 
  • Pita Andrade, José Manuel (1985). El Greco (en castelán). Carrogio SA de Ediciones. ISBN 84-7254-514-8. 
  • Ruiz Gómez, Leticia (2007). El Greco (en castelán). Museo Nacional del Prado. ISBN 978-84-8480-135-1. 
  • Salas Bosch, Xavier de (1992). La Idea, Realidad Suprema. El Greco y el arte de su tiempo. Las notas de El Greco a Vasari (en castelán). Madrid: Real Fundación de Toledo. ISBN 84-604-2605-X. 
  • Tazartes, Mauricia (2004). "Las Obras Maestras". El Greco (en castelán). 2005 Unidad Editorial S.A. ISBN 84-89780-99-4. 
  • Wundram, Manfred (2005). Los maestros de la pintura occidenal: El Renacimiento y el Manierismo (en castelán). Taschen. ISBN 3-8228-4744-5. 

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.