O espírito do bosque

filme de 2008 dirixido por David Rubin

O espírito do bosque (2008) é a terceira longametraxe de animación producida por Dygra Films. É unha secuela de O bosque animado, que foi o primeiro filme en animación 3D por ordenador en ser producido en Europa.[1]

Ficha técnica
XéneroAnimación
Na rede
http://www.dygrafilms.es/index_dygra_ENG.htm
IMDB: tt1018789 Filmaffinity: 114610 Allocine: 135560 Rottentomatoes: m/spirit-of-the-forest Allmovie: v448770 TCM: 737895 TV.com: movies/spirit-of-the-forest Editar o valor em Wikidata

Produción e distribución editar

A película está dirixida por David Rubín, que se encargou da dirección artística, e Xoán Carlos Pena, encargado de coordinar a produción técnica. A película foi presentada no Festival de Cannes e seleccionada para competir na sección oficial da XXV edición do Festival Internacional de Cine Infantil de Chicago, que tivo lugar entre o 23 de outubro e o 2 de novembro de 2008.

Na súa produción participaron máis dun cento de persoas, entre animadores, deseñadores, músicos, físicos, técnicos e dobradores. Esta última faceta foi levada a cabo na súa versión en galego por coñecidas voces de dobraxe da Galega. A distribución da cinta, que custou 14 millóns de euros, correu a cargo de Manga Films, a diferenza dos dous títulos anteriores de Dygra, que foron comercializados por Buenavista.

Trama editar

A trama da película, ambienta da Fraga de Cecebre, ao igual que a súa anterior produción, O bosque animado, consiste no intento das árbores e animais da mesma en impedir que se constrúa unha estrada a través do bosque. A ambientación e varias das personaxes son as mesmas que en O bosque animado.

Personaxes e actores de dobraxe na versión galega editar

Premios editar

Foi candidata ao Goya á mellor longametraxe de animación en 2008.

Notas editar

  1. "O bosque animado, a primeira película de animación europea en 3D, cumpre vinte anos". Academia Galega do Audiovisual ; www.academiagalegadoaudiovisual.gal. Consultado o 2023-03-05. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar