O carro e o home

filme de 1940 dirixido por Antonio Román

O carro e o home é un filme documental en branco e negro dirixido por Antonio Román e guionizado entre Xaquín Lorenzo e o propio Antonio Román. Foi rodado en 1940 e estreado en 1945. Finalizada a rodaxe, o filme quedou sen sonorizar. Xaquín Lorenzo gardou unha copia en Ourense que se restaurou e sonorizou en 1980 grazas ó impulso de Eloy Lozano e a colaboración co Museo do Pobo Galego. Carlos Serrano de Osma sonorizou outra copia pola súa conta en 1945.

O carro e o home
Ficha técnica
Título orixinalO carro e o home
DirectorAntonio Román
ProdutorVersión restaurada:
Eloy Lozano
GuiónXaquín Lorenzo
Antonio Román
IntérpretesNarrador:
Xaquín Lorenzo "Xocas"
FotografíaAntonio Román
MontaxeAntonio Román
Carlos Serrano de Osma
Estrea1940
Duración11 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDocumental, etnográfico
Orzamento8 000 ptas[1]
Na rede
IMDB: tt0409796 Filmaffinity: 510929
Vimeo: 271241973 Editar o valor em Wikidata

É un relato da vida do carro galego, na cal interveñen veciños da aldea de Facós, no concello ourensán de Lobeira. Xaquín Lorenzo e Antonio Román achéganse á vida no rural a través do carro, un símbolo da cultura material galega.

Sinopse editar

O carro representa máis que un transporte de labor na Galicia rural. Formaba parte do traballo, da cultura, da paisaxe e do lecer dos labregos. Así, amósase o ciclo de vida dun carro dende a súa construción ata a súa "morte", ademais doutras tarefas da vida cotiá da aldea como a malla ou a confección do liño.

Produción editar

O filme fíxose con poucos medios, aproveitando que Antonio Román tiña a súa propia cámara e unha pequena moviola na casa. Tiña un orzamento de 8.000 ptas (48 euros) que se investiron para levar ó laboratorio os 100 planos dos que se compón.

Galardóns e nomeamentos editar

  • 1945: Sindicato Nacional do Espectáculo.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Culturagalega.org". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 27 de marzo de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar