O berro seco (Milladoiro)

(Redirección desde «O berro seco»)

O berro seco é o segundo álbum de estudio do grupo galego de música tradicional Milladoiro. Foi publicado en 1981, polo selo Ruada.

O berro seco
Álbum de Milladoiro
Publicado1981
Gravación27 de abril7 de maio de 1981
Estudio(s)Kyrios (Madrid)
Xénero(s)Folk
Selo(s)Ruada, Doblón
Cronoloxía
A Galicia de Maeloc (1980) O berro seco 3 (1982)

O disco foi gravado nos estudios Kyrios, en Madrid, entre o 27 de abril e o 7 de maio de 1981. Está inspirado na tradicional romaría de San Fins do Castro (parroquia de Cesullas, no concello Cabana de Bergantiños da provincia da Coruña) e consta de nove temas tradicionais galegos e un de composición propia. Concibido como un continuum de A Galicia de Maeloc (1979), incorpora sintetizadores e gaitas galega e irlandesa (uilleann pipe) xuntas por primeira vez.

Foi editado en CD en 1990, polo selo Doblón.

Lista de cancións editar

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "O berro seco"  Tradicional 4:00
2. "A cruz da vella"  Tradicional / Xosé V. Ferreirós 3:54
3. "Fis Terra"  Bryan Boorhby / R. Romaní 3:11
4. "Muiñeira vella de Mordomo"  Tradicional 4:23
5. "Na cova da Barxa"  Tradicional 4:43
6. "Unha noite no Santo Cristo"  Tradicional 5:33
7. "Polca dos campaneiros"  Tradicional 3:11
8. "Caraveliño colorado"  Tradicional 4:53
9. "A furoca"  A. Seoane 2:28
10. "Brincadeiro"  Tradicional 4:53

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar