O bebedor de asente

pintura de Édouard Manet

O bebedor de asente, no orixinal francés Le Buveur d'absinthe, é unha tea realizada polo pintor Édouard Manet en 1856. Constitúe a primeira obra orixinal do artista, realizada na súa xuventude. O estilo claramente realista e prosaico do lenzo simboliza unha verdadeira ruptura coa formación recibida polo seu antigo mestre, Thomas Couture. Así mesmo, a obra posúe unha forte influencia da pintura do español, Diego Velázquez e o seu Ménippe.

Le Buveur d'absinthe
ArtistaÉdouard Manet
Data1856
Técnicaóleo sobre lenzo
Dimensións180,5 cm × 105,6 cm
LocalizaciónNy Carlsberg Glyptotek