O Pindo, Carnota

parroquia civil do concello de Carnota

San Clemente do Pindo é unha parroquia do concello de Carnota. Segundo o IGE, no ano 2018 tiña 770 habitantes (366 homes e 404 mulleres). Está situada entre San Mamede de Carnota e O Ézaro (pertencente ao concello de Dumbría).

O Pindo
Igrexa parroquial.
ConcelloCarnota[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°53′34″N 9°08′03″O / 42.89277778, -9.13416667Coordenadas: 42°53′34″N 9°08′03″O / 42.89277778, -9.13416667
Poboación770 hab. (2018)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

A súa parte máis destacada é o monte Pindo, de 635 m. Outros lugares da parroquia son O Cancelo, onde está o camposanto, A Capela, onde está a praia de San Pedro e a igrexa parroquial, A Solaina, núcleo principal da parroquia en onde se celebran as festas e o mercado, e O Sinal, a zona marítima onde está o peirao.

Patrimonio editar

A igrexa parroquial data orixinalmente do século XVII, se ben sufriu sucesivas remodelacións e ampliacións, quedando da igrexa orixinaria a sancristía e a fachada.

Festas editar

No Pindo celébranse as festas de San Clemente o segundo domingo de agosto e as do Cristo o 12 de outubro.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares do Pindo editar

Lugares da parroquia do Pindo no concello de Carnota (A Coruña)

A Curra | O Pindo | O Porto de Quilmas | Quilmas

Parroquias de Carnota editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carnota

Lariño (San Martiño) | Lira (Santa María) | O Pindo (San Clemente) | San Mamede de Carnota (San Mamede) | Santa Comba de Carnota (Santa Comba)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar