Coordenadas: 42°49′23″N 6°50′29″O / 42.82305556, -6.84138889

O Mustallar[1] é un pico situado na Serra dos Ancares, cunha altitude de 1935 metros. Serve de fronteira natural entre as provincias de León e Lugo. É o punto a máis altitude da provincia de Lugo.

O Mustallar
{{{PAGENAME}}}
O Mustallar nevado
Localización xeográfica
CordilleiraMacizo Galaico
Localización administrativa
LocalizaciónFronteira entre as provincias de Lugo e León
Características xerais
Altitude1935 m

Ascensión editar

A subida ao pico pódese realizar de xeito relativamente sinxelo desde o porto dos Ancares (pasando previamente polos cumes dos picos Cuíña e Penalonga), desde a aldea de Burbia (A Veiga de Espiñareda, León) ou desde a aldea de Piornedo (Cervantes, Lugo).

En tódolos casos, os camiños acaban uníndose no alto de Golada de Porto, desde o cal en poucos metros coróase o cume da montaña ascendendo polo seu noroeste, cunha considerable pendente pero sen demasiada dificultade para un adulto normal. No cume atopamos un pequeno cartel e unha caixa do correo na cal os viaxeiros deixan as súas notas.

Galería editar

Notas editar

  1. Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago: Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo (2009), Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0.