O Barro, A Baña

parroquia civil do concello da Baña

Santa Mariña do Barro é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE de 2016 tiña 116 habitantes (62 homes e 54 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 214 habitantes.

O Barro
Pazo de Leis
ConcelloA Baña[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°58′21″N 8°44′16″O / 42.9725, -8.7379Coordenadas: 42°58′21″N 8°44′16″O / 42.9725, -8.7379
Área6,87 km²
Poboación116 hab. (2016)
Densidade16,89 hab./km²
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Existe un grupo de cinco mámoas denominadas do Cotón Grande no lugar do Sino orixinarias do neolítico.[2]

Na parroquia do Barro sitúase a montaña de Santa Mariña é unha montaña que segundo a tradición orienta os ventos e as choivas e que antigamente recibiu o nome de Cebreiro, Páramos ou O Barro. No seu cumio houbo ata finais do século XVII unha ermida na que se rendía culto a Santa Mariña, probablemente como resultado da cristianización de rituais ancestrais e de orixe druídico.

Esta capela foi derrubada no ano 1971 por orde do visitador, por mor da dificultade para manter economicamente o culto e tamén polas inmoralidades que se cometían nese lugar o día da romaría. A ermida foi substituída cunha cruz, hoxe inexistente, e os seus bens incorporados ás melloras da igrexa parroquial situada en O Barro de Arriba. Os poucos restos dos muros están esnaquizados e aínda se poden ver pedras labradas, e abundante tella.

Arquitectura popular editar

Fábrica de electricidade editar

Antes da inauguración da presa Barrié de la Maza había un pequeno salto de auga para a subministración de enerxía eléctrica, coñecido como a Fábrica de electricidade de Barbeira. Estaba instalada nunha pequena represa do río Nantón (rego de Faílde).[3]

Pazo de Leis[4] editar

Tamén coñecido como Casa do Barro, trátase dunha edificación do século XVI que está composta por unha torre e un corpo acaroado. Os muros están feitos de cachotería e cadeirado de granito. Ten tellado a catro augas no corpo máis elevado e a dúas no inferior. O pazo conta cunha dobre escalinata con balaustradas de pedra e pertenceu ao Marquesado dos Leis. O pazo foi mercado e restaurado por unha familia non vinculada ao Marquesado dos Leis.

Muíños[3] editar

  • no río Fervenza, de Alejandro García Recarey.
  • no río dos Fernández, cargado a Antonio Bieito.
  • no río Merman, cargado a José Gago.
  • no río Merman, idem.

Festas editar

  • 18 de xullo: Santa Mariña.
  • 10 de agosto: Santa Margarida.
  • 1º sábado de setembro: San Xosé.
  • 1º domingo de setembro: San Roque.
  • 1º fin de semana de setembro: Santísimo Sacramento.
  • Último domingo de outubro: O Socorro.

Lugares e parroquias editar

Lugares do Barro editar

Lugares da parroquia do Barro no concello da Baña (A Coruña)

O Barro de Abaixo | O Barro de Arriba | O Campo | Loncras | Montecelos | O Redollo | Santa Margarida | O Sino

Parroquias da Baña editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. "PXOM A Baña". 
  3. 3,0 3,1 Rodríguez Troncoso, Amador. Os albores de Feiraco. 
  4. "Pazo de Leis". Patrimonio Galego. Consultado o 2016-06-02. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar