O nucleoplasma ou carioplasma é o medio interno do núcleo celular, un líquido viscoso no que están inmersos a cromatina (formada polo ADN asociado a histonas) e o nucléolo. Consta dun 70 a 90 % de auga con moitas moléculas disolvidas e pH próximo a 7. Contén principalmente proteínas, sobre todo encimas relacionados co metabolismo dos ácidos nucleicos, que interveñen na replicación do ADN, regulación xénica, transcrición ou maduración do ARN. Tamén existen proteínas ácidas que non están unidas ao ADN nin ao ARN e que se denominan proteínas residuais. No nucleoplasma hai unha matriz de proteínas fibrosas. Ademais hai cofactores, moléculas precursoras, produtos intermedios da glicólise (proceso citoplasmático), sodio, potasio, magnesio e calcio.