Novair Airlines AB, operando como Novair, é unha aeroliña sueca coa súa sede en Estocolmo.[2] Opera principalmente voos chárter cara ao Mediterráneo e as illas Canarias. No pasado tamén operou voos de longo alcance con destinos como Tailandia, India e Indonesia. A súa base principal e centro de conexións está no aeroporto de Estocolmo-Arlanda, aínda que a compañía tamén opera dende o aeroporto de Oslo-Gardermoen.

Novair
IATA
1L
OACI
NVR
Indicativo
NAVIGATOR
Fundación1997
Aeroporto principalaeroporto de Estocolmo-Arlanda
Frota2
Destinos18[1]
HoldingRewe Group
Eslogan da compañíaLifting You - To the World and Home
SedeEstocolmo, Suecia Suecia
Páxina web: http://www.novair.se/

Historia editar

Novair naceu e comezou a operar en novembro de 1997, con servizos dende Estocolmo a Phuket, Tailandia e as illas Canarias no nome de Apollo, unha axencia de viaxes sueca.[3] Dende a súa fundación a aeroliña operou distintos tipos de avións, como Boeing 737-300, Boeing 737-800, Airbus A330 e Lockheed L-1011 TriStar. Entre 2007 e 2011 a aeroliña alugou un A330 de Orbest e Air Europa. En 2013 e 2014 alugou un A330 de Aer Lingus, operado con tripulantes de voo de Aer Lingus e tripulantes de cabina de Novair, antes de que a aeroliña deixase de realizar voo de longo alcance.

En xaneiro de 2001 a compañía pertencía totalmente ao grupo suízo Kuoni Travel Group e tiña ao redor de 330 empregados. En xuño de 2005 Kuoni Travel vendeu Novair e outros departamentos da súa compañía a DER Touristik, a división de viaxes do grupo alemán Rewe Group. Independentemente a esta venda, a compañía decidiu pechar a súa base en Gotemburgo en marzo de 2016 e devolver dous dos tres Airbus A321 que tiña alugados o mes seguinte.[3] Novair renovou a súa frota incorporando dous novos Airbus A321neo no ano 2017.

Frota editar

En decembro de 2020 a frota de Novair estaba formada polos seguintes avións:[4]

Frota de Novair
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Airbus A321neo 2 3 221
Total 2 3

Notas editar

  1. Novair (ed.). "Destinationer". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2018. Consultado o 7 de abril de 2018. 
  2. Novair (ed.). "Kontakta oss". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2018. Consultado o 7 de abril de 2018. 
  3. 3,0 3,1 Seat Maestro (ed.). "History of Novair". Consultado o 7 de abril de 2018. 
  4. Planespotters (ed.). "Novair Fleet Details and History". Consultado o 13 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar