Novacaixagalicia foi o nome comercial dunha caixa de aforros galega, nacida o 29 de novembro de 2010 como resultado da fusión das entidades Caixa Galicia e Caixanova. O nome co que rexistrou a súa inscrición foi Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra.

Novacaixagalicia
Tipocaixa de aforros
Data de fundación2010
SedeA Coruña
PaísGalicia
Na rede
http://www.afundacion.org
editar datos en Wikidata ]
Sucursais das dúas caixas antes da fusión.

Estrutura editar

O seu director xeral foi José Luis Pego, que procedía do organigrama de Caixanova, mentres que o director xeral executivo era Xavier García de Paredes, que procedía da estrutura de Caixa Galicia. O responsable da obra social era Guillermo Brea. Os copresidentes, que tiñan un cargo de honra non executivo, eran Mauro Varela Pérez (Caixa Galicia) e Xulio Fernández Gayoso (Caixanova).

Historia editar

Dada a crise financeira que afectaba as dúas principais caixas de aforros galegas como consecuencia da súa excesiva exposición[1] á burbulla inmobiliaria que detonou en 2008, Caixa Galicia e Caixanova víronse abocadas a un proceso de fusión. A aquela altura chegaban as dúas entidades, Caixa Galicia e Caixanova con 46.000 e 32.000 millóns de euros en activos[2]. As outras alternativas baralladas no momento pasaban pola compra por outras entidades bancarias españolas[3][4][5], que finalmente non se produciu.

Para afrontar ese proceso de fusión, as dúas caixas solicitaron do FROB un empréstito de 1.162 millóns de euros[6]. Tan só uns meses despois, o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, por boca da súa ministra de Economía a ourensá Elena Salgado, elevou a porcentaxe de capital en depósito que tiñan que ter as entidades bancarias e, en concreto, as caixas de aforro, para a súa continuidade como operadores financeiros[7]. A recente fusión aumentaba as dificultades para conseguir esa porcentaxe e os directores da entidade optaron por un proceso de bancarización, é dicir, de transformación da caixa de aforros nun banco tradicional. Para convertérense en bancos, as caixas tiñan que reestruturar os seus órganos directivos, mudar os seus órganos de goberno para atraer o capital privado, e presentar un plan de viabilidade que contemplase a entrada de investidores privados[7]. Este proceso foi seguido tamén por outras entidades en España naquela época.

A porcentaxe de capital en depósito esixida polo goberno de España fixouse nun 8% —que tiña que acadarse en setembro de 2011 para evitar a nacionalización—, e Nova Caixa Galicia tiña en xaneiro de 2011 un 6%[8]. A entidade resultante do proceso de bancarización recibiu o nome de NCG Banco e a súa data de creación anunciada para agosto de 2011.

Participacións industriais editar

Participación Porcentaxe Sociedade Porcentaxe
Banco Gallego 49,840% Novacaixagalicia
CLH 5,00% Novacaixagalicia
Pescanova 4,609% Novacaixagalicia
Elecnor 6,894% Novacaixagalicia
Banco Pastor 5,356% Novacaixagalicia
Adolfo Domínguez 5,050% Novacaixagalicia
NH Hoteles 2,714% Hoteles Participados 5,428%
General de Alquiler de Maquinaria 5,052% Novacaixagalicia
Itinere 23,40% Novacaixagalicia
Tecnocom 20,052% CXG Corporación Novacaixagalicia 20,052%
Quabit 4,084% CXG Corporación Novacaixagalicia 4,084%
Sacyr Vallehermoso 7,07% Novacaixagalicia 4,646%
CXG Corporación Novacaixagalicia 2,361%
Banco Etcheverría 44,730% CXG Corporación Novacaixagalicia 44,730%
Monbús 33,4% Novacaixagalicia
Grupo Copo 21,1% Novacaixagalicia
Eólica Galenova 100% Novacaixagalicia
Sogevinus 100% Novacaixagalicia
Naviera Elcano 12% Novacaixagalicia

De CXG Corporación Nova Caixa Galicia pertence o 94,432% a Novacaixagalicia e un 5,568% a Hierros Añón.

Notas editar

Véxase tamén editar