Nothofagus antarctica

especie de planta

Nothofagus antarctica

Nothofagus antartica
no Parque Nacional Torres del Paine, Chile
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1][2]
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fagales
Familia: Nothofagaceae
Xénero: Nothofagus
Especie: N. antartica
Nome binomial
Nothofagus antarctica
(G.Forst.) Oerst. 1871

Nothofagus antarctica é unha árbore da orde das fagales, familia das notofagáceas, que é a especie tipo do seu único xénero, Nothofagus.

É propia do Suramérica, do bosque andino patagónico. A súa aparición na illa Hoste fixo que se considerara a árbore máis austral da Terra; porén, en 2019 encontrouse que Nothofagus betuloides chegaba máis ao sur, á illa Hornos, a unha latitude de 55° 56′ 50″ S.

Características editar

Nothofagus antarctica é unha árbore caducifolia que alcanza a medir entre os 10 e os 25 m de altura e ten troncos delgados de configuración escalonada.
As follas son simples e alternas, de 5 a 35 mm de longo, co bordo dentado e ondulado; están cubiertas cunha cera de aroma dulce. E cor da follaxe é verde medio tornándose a amariela-avermellada no outono. Perde por completo as súas follas no inverno.
A flor é pouco rechamante, de cor amarela verdosa. O froito mide 6 mm, é moi fragante e está composto de 4 valvas que conteñen tres noces.
A casca das árbores novas son lisas, de cor gris ou parda purpúrea, con destacadas lenticelas brancas horizontais; a casca das árbores vellas é áspera e fisurada, de cor gris.[3]

Na illa Grande da Terra do Fogo é habitual que estea cuberta dunha chamada barba de árbore, barba de vello, barba do demo ou barba de indio, un lique verde claro con aspecto piloso.

Distribución, hábitat e bioloxía editar

 
Follaxe
 
Arbusto deitado pola acción do vento

Nothofagus antarctica é nativa do bosque andino patagónico, onde se estende desde a latitude 33° S até a Terra do Fogo (56° S). Na Arxentina, desde a provincia de Neuquén até a provincia de Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur e en Chile distribúese entre as rexións de O'Higgins e a de Magallanes e da Antártica Chilena. Crece principalmente en áreas dos Andes e na illa Grande da Terra do Fogo, en solos delgados e con temperaturas baixas case todo o ano.[1]

A especie preséntase tanto como árbore como arbusto. Raramente supera os 150 anos de idade, pero observouse que alcanza os 200 nalguhnas zonas. Sábese que prospera en áreas con problemas naturais, como deslizamentos de terra e incendios. En contraste, a rexeneración de Nothofagus antarctica é escasa ou ausente en zonas non perturbadas. Entre os Nothofagus de América do Sur, esta especie encóntrase na máis ampla gama de tipos de hábitats: áreas de drenaxe pobre en elevacións baixas ou altas, sitios expostos de substrato inestábel na liña arbórea alpina, depresións topográficas suxeitas a drenaxe de aire frío, ladeiras empinadas con solos pouco profundos e sitios secos cerca do ecotón da estepa patagónica. En xeral, é común en sitios que son demasiado severos para a maioría das outras especies de árbores. En xeral, esta especie tee a capacidade de xerminación máis baixa que outras, pero isto vese compensado pola súa vigorosa reprodución vexetativa. Depende máis da reprodución vexetativa que calquera das outras especies suramericanas de Nothofagus. Despois do lume, rexurde vigorosamente desde a cepa.[4]

Usos editar

A súa madeira úsase principalmente para leña.

A árbore foi plantada na costa norte do Pacífico dos Estados Unidos.[5]

Tamén foi introducida con éxito como árbore ornamental nas illas Británicas, onde se desenvolve moi ben.

As árbores plantadas nas illas Feroe, que foron importadas da súa austral distribución na Terra do Fogo mostraron boa resistencia ao frío.[6]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1871 polo botánico, zoólogo e biólogo mariño danés Anders Sandoe Oersted, e publicada en Skrifter Udgivne af Videnskabs-Selskabet i Christiana. Mathematisk-naturvidenskabelig Klass 5 (9): 354.[7][3]

Etimoloxías editar

Para a do xénero véxase Nothofagus.

O epíteto específico, antarctica, alude á distribución xeográfica, na zona antártica.

Sinónimos editar

Ademais de polo nome válido actualmente, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[8][9]

  • Fagus antarctica G.Forst.[10]
  • Calucechinus antarctica (G.Forst.) Hombr. & Jacquinot ex Decne. in J.S.C.Dumont d'Urville.[11]
  • Calucechinus montagnei (Hombr. & Jacquinot) Hombr. & Jacquinot ex Decne. in J.S.C.Dumont d'Urville.[12]
  • Fagus montagnei Hombr. & Jacquinot.[13]
  • Fagus alpina Poepp. ex A.DC. in A.P.de Candolle.[14]
  • Fagus antarctica var. sublobata A.DC. in A.P.de Candolle.[15]
  • Fagus antarctica var. uliginosa A.DC. in A.P.de Candolle.[16]
  • Fagus uliginosa Phil. ex A.DC. in A.P.de Candolle.[17]
  • Fagus antarctica var. microphylla Phil.[18]
  • Fagus antarctica f. latifolia Kurtz ex Albov.[19]
  • Fagus antarctica var. palustris Albov.[20]
  • Fagus antarctica var. subalpina Albov.[21]
  • Nothofagus montagnei (Hombr. & Jacquinot) Krasser.[22]
  • Nothofagus uliginosa (A.DC.) Krasser.[23]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Baldwin, H. (2018): Antarctic Beech. Nothofagus antarctica na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 20 de xullo de 2020.
  2. García, N.; Ormazábal, C. (2008). Árboles Nativos de Chile. Santiago: Enersis S. A. p. 196. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Nothofagus antarctica (G.Forst.) Oerst. en New Zealand Flora. Consultado o 20 de xullo de 2020.
  4. Veblen, T. T.; Hill, R. S. & Read, J. (1996): The Ecology and Biogeography of Nothofagus Forests. New Haven, Connecticut: Yale University Press. ISBN 978-0-3000-6423-0.
  5. "Nothofagus antarctica en Washington Park Arboretum" (PDF). Seattle Government. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de marzo de 2009. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  6. Højgaard, A.; J. Jóhansen & S. Ødum, eds. (1989): A century of tree planting in the Faroe Islands. Tórshavn: Føroya Fróðskaparfelag.
  7. "Nothofagus antarctica" (Tropicos. Missouri Botanical Garden ed.). Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  8. "Nothofagus antarctica". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  9. Nothofagus antarctica en PlantList.
  10. Comment. Soc. Regiae Sci. Gott. 9: 24 (1789).
  11. Voy. Pôle Sud 2: 19 (1853).
  12. Voy. Pôle Sud 2: 19 (1853).
  13. Voy. Pôle Sud: t. 8, f. 11 (1853).
  14. Prodr. 16 (2): 120 (1864), nom. illeg.
  15. Prodr. 16 (2): 120 (1864).
  16. Prodr. 16 (2): 120 (1864).
  17. Prodr. 16 (2): 120 (1864), pro syn.
  18. Anales Univ. Chile 91: 515 (1895).
  19. Revista Mus. La Plata, Secc. Paleontol. 7: 387 (1896).
  20. Revista Mus. La Plata, Secc. Paleontol. 7: 387 (1896).
  21. Revista Mus. La Plata, Secc. Paleontol. 7: 387 (1896).
  22. Ann. K. K. Naturhist. Hofmus. 11: 163 (1896).
  23. Ann. K. K. Naturhist. Hofmus. 11: 163 (1896).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Donoso, C. (2005): Árboles nativos de Chile. Guía de reconocimiento. Edición 4ª. Valdivia, Chile: Marisa Cuneo Ediciones, 136 p.
  • Hoffmann, Adriana (1998): Flora Silvestre de Chile, Zona Central. Edición 4ª. Santiago: Fundación Claudio Gay, 254 p.
  • Rodríguez, R. & Quezada, M. (2003): "Fagaceae". En C. Marticorena e R. Rodríguez, eds., Flora de Chile 2 (2): 64–76. Concepción: Universidad de Concepción.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar