Northrop Grumman Corporation é unha compañía estadounidense adicada á industria aeroespacial e a defensa formada no ano 1994 despois de que Northrop mercase Grumman. A compañía foi o cuarto maior contratista do mundo no ano 2010, e o principal construtor de barcos militares. Northrop Grumman emprega a máis de 70.000 persoas en todo o mundo e foi o número 108 na lista do 2020 Fortune 500 das maiores corporacións estadounidenses.[1] A súa sede atópase en Falls Church, Virginia.

Northrop Grumman
Tipopública
Fundación1994
LocalizaciónFalls Church, Virginia, Estados Unidos
Persoas claveWesley G. Bush (presidente e CEO)
Industriaaeroespacial e defensa
Produtosportaavións
avións militares
barcos militares
sistemas de defensa de mísiles
satélites
tectonoxía de información
sensores e sistemas electrónics avanzados
Número de empregados72.500
Na rede
https://www.northropgrumman.com/
Facebook: NorthropGrumman Twitter: NorthropGrumman Instagram: northropgrumman LinkedIn: northrop-grumman-corporation Youtube: UCiTTe3mBodoZVGVhQDpEFjg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Northrop Grumman e os seus socios gañaron o Collier Trophy oito veces, a máis recente polo desenvolvemento do X-47B, o primeiro sistema aéreo non tripulado e autónomo operado dende un portaavións.[2] En 2004 a súa filial Scaled Composites gañou o trofeo polo SpaceShipOne, o primeiro vehículo espacial construído e voado con financiamento privado.[2]

No presente Northrop Grumman lidera o desenvolvemento do B-21 Raider, un bombardeiro estratéxico furtivo de longo alcance que pode lanzar armas convencionais e nucleares; substituirá ao Northrop B-2 Spirit, o único bombardeiro furtivo coñecido do mundo. Entre os seus outros proxectos actuais esá o desenvolvemento e produción do telescopio espacial James Webb, un observatorio orbital cuxo lanzamento está programado para 2021; e a fabricación dos foguetes lanzadeiro do programa Space Launch System da NASA. Foi ademais a ínica compañía que presentou unha oferta para o programa da USAF Ground Based Strategic Deterrent, que ten como obxectivo desenvolver e fabricar un novo mísil balistico intercontinental.

Notas editar

  1. "Fortune 500". Fortune (en inglés). Consultado o 2020-12-05. 
  2. 2,0 2,1 "Northrop Grumman and the Robert J. Collier Trophy". Northrop Grumman (en inglés). 2019-12-20. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2021. Consultado o 2020-12-05. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar