Normalización (sociolingüística)

A normalización é un termo sociolingüístico referido a dúas acepcións relacionadas.

O termo máis comunmente usado como normalización lingüística refírese a reorganizar as funcións lingüísticas dunha sociedade para reformar as funcións sociais da lingua segundo as condicións “externas” cambiantes. Máis concretamente, é o proceso de reversión da substitución lingüística que pretende favorecer as condicións nas que as linguas que sufriron procesos de minorización ou que non desenvolveron todo o seu potencial, recuperen a condición de lingua «plena» ou «normal» e incorporar elementos que lle permitan consolidarse como instrumento de comunicación e cultura.

Terminoloxía editar

Orixe do termo editar

O termo foi popularizado por Lluís V. Aracil[1]; até finais dos anos 60 empregábase «planificación lingüística».

Variacións editar

Non existe unha definición unívoca deste concepto xa que se trata dun proceso con características únicas en cada contexto sociolingüístico. Así, a normalización pode afectar ao código lingüístico, aos seus usuarios e á organización lingüística territorial, o que implica a demarcación de dous procesos paralelos: o social e o lingüístico.

Desambiguación editar

Utilizáronse varios termos relacionados coa normalización: codificación ou normativización, máis ligados aos aspectos lingüísticos (neste caso tamén se inclúe outra acepción de normalización, referida á normalización da lingua estándar , tamén chamada estandarización[2]); e a planificación e a política lingüística, vinculadas aos aspectos sociais e políticos (a outra acepción de normalización (normalización lingüística) incluiríase neste último ámbito).  

Contexto editar

Así, a normalización lingüística non só comprende aspectos puramente lingüísticos, senón que tamén debe considerar factores sociais e políticos. Respecto destas últimas, a subordinación política a outra comunidade que impón unha lingua dominante fai que a situación na que se desenvolve este proceso de normalización teña uns parámetros únicos, tendo en conta a falta de estado político propio e a existencia dun conflito lingüístico[3]. É o caso de Cataluña, País Vasco, Galiza ou Quebec.

O proceso de normalización lingüística comprende a elaboración e difusión de normas de uso lingüístico que permitan adquirir unha actitude favorable, por parte da sociedade, en relación coa lingua. Toni Mollà e Amadeu Viana[4] insisten en que o proceso de normalización lingüística ten un carácter prospectivo de resposta ao conflito lingüístico, sendo polo tanto dinámico e preditivo.

Notas editar

  1. Aracil, Lluís V. (1983). Dir la realitat. Barcelona. p. 96. 
  2. "bUSCatermos". aplicacions.usc.es; estandarización. Consultado o 2022-06-25. 
  3. "Sociolingüística. AS FUNCIÓNS SOCIAIS DA LINGUA. CONFLITO E DIGLOSIA. ESTEREOTIPOS E PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS: A SÚA REPERCUSIÓN NOS USOS" (PDF). edu.xunta.gal/centros/iesescolasproval. Consultado o 25 de xuño de 2022. 
  4. Mollà, Toni; Viana (1989). Curs de sociolingüística 3. Alzira. 

Véxase tamén editar

Ligazóns internas editar

Bibliografía editar

  • Molla, T.; Viana, A. (1989). Cursos de sociolingüística. Alzira: Bromera.
  • Pradilla, M. A. (1999). La llengua catalana al tombant del mil·lenni . Barcelona: Empúries.