Norma é unha ópera en dous actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Felice Romani (baseado na traxedia Norma, ou l'infanticide de Alexandre Soumet). Foi estreada no Teatro alla Scala de Milán o 26 de decembro de 1831. É considerada un exemplo da suprema altura da tradición belcantista. "Casta diva" foi unha das arias máis coñecidas no século XIX.

Norma
Libreto de 1891.
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaFelice Romani
Fontes literariasL. A. Soumet e L. Belmontet: Norma, ou l'infanticide (traxedia en verso, 1831)
Estrea26 de decembro de 1831
Teatro da estreaTeatro alla Scala
Lugar da estreaMilán
Duración2 horas 45 minutos[1]
Música
CompositorVincenzo Bellini
Personaxes

Norma (soprano dramática ou lírico-spinto)
Adalgisa (soprano dramática ou mezzosoprano)
Clotilde (soprano ou mezzosoprano)
Pollione (tenor lírico-spinto)
Oroveso (baixo)
Flavio (tenor)[2]
Dous fillos de Norma e Pollione (papeis mudos)[3]

A personaxe de Norma é considerado un dos máis difíciles do repertorio para soprano. Este papel foi creado para Giuditta Pasta, que tamén encarnou, por primeira vez, a personaxe Amina na ópera La sonnambula. No século XX poucas cantantes o podían interpretar con éxito, entre elas destacaron as interpretacións de Rosa Ponselle nos anos '20, Joan Sutherland e Maria Callas nos anos '50 e '60. Máis recentemente impúxose a interpretación da soprano catalá Montserrat Caballé.

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Intérpretes na estrea, 26 de decembro de 1831
(Director: – )
Norma, filla de Oroveso, suma sacerdotisa dos celtas soprano Giuditta Pasta
Adalgisa, sacerdotisa no bosque da estatua de Irminsul soprano ou mezzosoprano Giulia Grisi
Pollione, procónsul romano na Galia tenor Domenico Donzelli
Oroveso, xefe dos druídas baixo Vincenzo Negrini
Clotilde, amiga de Norma soprano Marietta Sacchi
Flavio, compañeiro de Pollione tenor Lorenzo Lombardi

Notas editar

  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en castelán) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. pp. 146–147. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
  3. Guía visual de la Ópera, Espasa.

Véxase tamén editar



 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.