Nordic Regional Airlines

Nordic Regional Airlines Oy (comercializada como Norra e estilizado como N°RRA, e anteriormente Flybe Nordic)[1] é unha aeroliña rexional finlandesa baseada no aeroporto de Helsinqui. A compañía é propiedade de Finnair.[2]

Nordic Regional Airlines
IATA
N7
OACI
FIN
Indicativo
FINNAIR
Fundación2011 (como Flybe Nordic)
Inicio das operaciónsmaio de 2015 (como Nordic Regional Airlines)
Aeroporto principalaeroporto de Helsinqui
Plan de voo frecuenteFinnair Plus
AlianzaOneworld (afiliada)
Frota24
Destinos35
HoldingFinnair
Páxina web: http://flynorra.com

A aeroliña comezou a operar como Flybe Nordic o 20 de outubro de 2011 como unha empresa conxunta entre Flybe e Finnair, despois da súa compra de Finncomm Airlines. Flybe vendeu o seu 60% a Finnair como unha solución temporal ao prezo de 1 euro en marzo de 2015.[3] A compañía vén operando co código de Finnair dende o 1 de maio de 2015. A súa sede e centro de operacións atópase en Vantaa, aínda que en Seinäjoki teñen o seu departamento financeiro.[4]

Frota editar

 
ATR 72

En maio de 2018 a frota de Nordic Regional Airlines estaba formada polos seguintes avións:[5]

Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
J Y Total
ATR 72-500 12 68 68 Alugados a Finnair
72 72
Embraer 190LR 12 12 88 100 Operados por Finnair
Total 24

Notas editar

  1. ch-aviation (ed.). "Finland's Flybe. Nordic rebrands as Nordic Regional Airlines". Consultado o 5 de maio de 2018. 
  2. Norra (ed.). "Us". Consultado o 5 de maio de 2018. 
  3. Financial Times (ed.). "Flybe agrees to sell Finnish division for €1". 
  4. Norra (ed.). "About us". Consultado o 5 de maio de 2018. 
  5. Norra (ed.). "Fleet". Consultado o 5 de maio de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar