O Nokia 3200 é un teléfono móbil de Nokia con cámara dixital integrada. Forma parte de Nokia Expression que se caracteriza polo seu formato divertido dirixido á xente máis nova, tamén permite a personalización a través das carcasas transparentes recortables. Inclúe unha aplicación de edición fotográfica compatible coa interface de Nokia series 40, na que o Nokia 3200 está baseado, e que permite enviar fotos por MMS e conta tamén cun navegador XHTML e unha radio FM estéreo.

Nokia 3200

Versións editar

  • Nokia 3200 para Europa e Asia - Opera en GSM 900/1800/1900 con tecnoloxía GPRS e EDGE.
  • Nokia 3200 para América do Norte - Opera en GSM 850/1800/1900 con tecnoloxías GPRS e EDGE.