O Noia Fútbol Sala, coñecido como Noia Portus Apostolis, é un equipo de fútbol sala da localidade de Noia, na provincia da Coruña. Fundado en 2008, actualmente xoga na Primeira División da Liga nacional de fútbol sala.

Noia Portus Apostolis FS
NomeClub Noia Fútbol Sala
Fundación2008
EstadioAgustín Mourís,
Noia, Galicia Galicia
Capacidade600
PresidenteGalicia Severino Barreiro
AdestradorEspaña Marlon Velasco
LigaPrimeira División
2022/23
Na rede
https://www.noiafutbolsala.com

Historia editar

O equipo fundouse en 2008[1] e comezou a xogar na terceira categoría, chamada entón 1ª Nacional A. Xogou nesa categoría durante 9 tempadas consecutivas, as últimas baixo a denominación de Segunda B.

Na tempada 2016/17, o equipo proclámase campión do grupo 1 da Segunda División B. Caeu eliminado na promoción de ascenso contra o Cerro Reyes.[2] No entanto, dous equipos perderon a súa praza na Segunda División por non cumprir os requisitos da categoría: o Jumilla e o propio Cerro Reyes.[2] Finalmente, o Noia ocupou unha desas prazas.[3]

Na súa primeira tempada na categoría de prata, o equipo acabou en postos de descenso, pero viuse beneficiado polos problemas económicos do Puertollano, que provocaron o descenso administrativo deste e a permanencia do Noia. Na tempada 2020/21, marcada pola pandemia de COVID-19, o Noia conseguiu acabar a primeira fase no primeiro lugar da clasificación, repetindo liderado na segunda fase cunha ampla vantaxe sobre o segundo. Así, accedeu aos play-offs polo ascenso, pero caeu eliminado nas semifinais diante do CD El Ejido.[4] Nesa mesma campaña acadou tamén a súa primeira final da Copa Galicia, perdendo diante do Burela.[5]

Na tempada 2021/22 proclamouse campión de Segunda, conseguindo así o ascenso directo con cinco xornadas de antelación.[6] O equipo dirixido por Marlon Velasco rematou a liga con 82 puntos, 18 máis que o segundo clasificado, o Peñíscola.[7] Redondeou a campaña levantando en Marín o seu primeiro título da Copa Galicia, ao derrotar na final ao Parrulo tras unha quenda de penaltis.[8]

Na súa primeira campaña na Primeira Divisón, o Noia conseguiu a clasificación para os play-offs polo título, ao rematar a liga regular na oitava praza. Conseguiu 10 vitorias, entre elas un histórico triunfo contra o FC Barcelona, vixente campión de liga e Champions League, na primeira visita do equipo galego ao Palau (3-4).[9] Con todo, quedou eliminado nos cuartos de final, perdendo ante o Palma Futsal tanto na ida (8-2) como na volta (3-4).[10]

Datos do club editar

  • Tempadas en : 1
  • Tempadas en : 5
  • Tempadas en 2ªB: 9

Últimas tempadas editar

Tempada Categoría Posto
2008/09 1ª Nacional A 12º
2009/10 1ª Nacional A
2010/11 1ª Nacional A
2011/12 2ª División B
2012/13 2ª División B
2013/14 2ª División B
2014/15 2ª División B
2015/16 2ª División B
2016/17 2ª División B
2017/18 2ª División 14º
2018/19 2ª División 10º
2019/20 2ª División
2020/21 2ª División
2021/22 2ª División
2022/23 1ª División

Palmarés editar

Notas editar

  1. "Noia Portus Apostolis: Toda la información del club". LNFS. 
  2. 2,0 2,1 "El Noia podría ascender al quedar dos puestos libres en Segunda División". La Voz de Galicia. 7 de xullo de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2019. 
  3. "El Noia jugará la próxima temporada en Segunda". La Voz de Galicia. 10 de xullo de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2019. 
  4. Sevilla, Álvaro (15 de maio de 2021). "El Noia Portus Apostoli se despide del ascenso de la forma más amarga (1-2)" (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2023. 
  5. "Burela P. Rubén se lleva la Copa Galicia al derrotar al Noia Portus Apostoli" (en castelán). 10 de xaneiro de 2021. Consultado o 30 de maio de 2023. 
  6. "O Noia Portus Apostoli logra un ascenso histórico a Primeira División". 29 de mar. de 2022. Consultado o 30 de maio de 2023. 
  7. "El histórico debut del Noia Portus Apostoli en Primera, protagonista en LaLigaSportsTV" (en castelán). 1 de decembro de 2022. Consultado o 30 de maio de 2023. 
  8. "O Noia Portus Apostoli, campión da Copa Galicia tras derrotar ao O Parrulo". Real Federación Galega de Fútbol. 17 de maio de 2022. Consultado o 30 de maio de 2023. 
  9. "El Noia Portus Apostoli hace historia y tumba al campeón de Europa (3-4)". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de abril de 2023. Consultado o 30 de maio de 2023. 
  10. "El Mallorca Palma FutSal no da opción a un Noia que lucho hasta el final" (en castelán). 29 de maio de 2023. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2023. Consultado o 30 de maio de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar