«No Surprises»
sinxelo de Radiohead
do álbum OK Computer
Lanzamento 12 de xaneiro de 1998
Formato CD, 12", casete
Gravada xullo de 1996
Xénero musical rock alternativo, art rock, dream pop
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:49
Discográfica Parlophone
Produtor(es) Nigel Godrich, Radiohead
Escritor(es) Radiohead
Cronoloxía
«"Karma Police «No Surprises» «"Pyramid Song
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"No Surprises" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Radiohead. Foi publicada o 12 de xaneiro de 1998 como terceiro e último sinxelo do seu álbum OK Computer. Estivo acompañada por un vídeo musical realizado nunha única toma, onde pode verse á cabeza do vocalista Thom Yorke nunha burbulla de plástico enhéndose de auga. O sinxelo chegou ao número 4 no Reino Unido, e en outubro do ano 2011 a revista NME situouna no posto 107 da lista das "150 mellores cancións dos últimos 15 anos".

Aparece no episodio "Broken" da serie de televisión House, cando o doutor House estaba en rehabilitación, e tamén nun capítulo da serie The Royle Family.

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por Thom Yorke, Jonny Greenwood, Ed O'Brien, Colin Greenwood e Phil Selway.

CD1
  1. "No Surprises" – 3:51
  2. "Palo Alto" – 3:44
  3. "How I Made My Millions" – 3:07
CD2
  1. "No Surprises" – 3:50
  2. "Airbag (Live in Berlin, November 3, 1997)" – 4:49
  3. "Lucky (ao vivo en Florencia o 30 de outubro de 1997)" – 4:34

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar