No Depression é o primeiro álbum de estudio da banda de country alternativo Uncle Tupelo, publicado o 21 de xuño de 1990 a través do selo Rockville Records. Tras a súa formación a finais dos 80, Uncle Tupelo gravou a cinta demo Not Forever, Just for Now, que tivo unha recensión positiva no College Media Journal en 1989.[1] A recensión fixo que a banda sinase un contrato co que se convertería en Rockville Records posteriormente. O álbum foi gravado cos produtores Sean Slade e Paul Q. Kolderie nos Fort Apache Studios, cun presuposto de 3 500 dólares.

No Depression
Álbum de Uncle Tupelo
Publicado21 de xuño de 1990
Gravaciónxaneiro de 1990
Estudio(s)Fort Apache South, Boston
Duración41:41
Xénero(s)country alternativo, country rock, rock alternativo
Selo(s)Rockville Records
Producido porSean Slade, Paul Q. Kolderie
Cronoloxía
- No Depression Still Feel Gone
(1991)

No Depression foi aclamado pola crítica e vendeu ben para ser un lanzamento independente. O éxito do disco, que vendeu máis de 15 000 copias durante o seu primeiro ano, foi a nspiración para a creación da revista musical No Depression. O disco está considerado un dos traballos máis importantes do country alternativo e o seu título adoita a usarse como sinónimo do xénero tras ser popularizado pola revista No Depression. Despois de recuperar os dereitos do álbum tras unha demanda, Uncle Tupelo publicou unha versión remasterizada en 2003 a través do selo Legacy Records, con seis cancións extra.[2]

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Jay Farrar, Jeff Tweedy e Mike Heidorn agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Graveyard Shift"    4:43
2. "That Year"  Farrar, Tweedy 2:59
3. "Before I Break"    2:48
4. "No Depression"  A.P. Carter 2:20
5. "Factory Belt"    3:13
6. "Whiskey Bottle"    4:46
7. "Outdone"  Farrar, Tweedy 2:48
8. "Train"  Tweedy 3:19
9. "Life Worth Livin'"    3:32
10. "Flatness"  Tweedy 2:58
11. "So Called Friend"  Farrar 3:12
12. "Screen Door"    2:42
13. "John Hardy" (canción extra do CD)tradicional, arr. Lead Belly 2:21
41:41


Notas editar

  1. "CMJ Review". archive.is. 2007-06-24. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2007. Consultado o 2020-02-03. 
  2. "Uncle Tupelo - No Depression". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-02-03.