Nintendo Switch

consola de videoxogos híbrida desenvolvida por Nintendo

A Nintendo Switch (en xaponés: ニンテンドースイッチ; Nintendō Suitchi) é unha videoconsola desenvolvida por Nintendo e lanzada internacionalmente na maioría de rexións do mundo o 3 de marzo de 2017. A consola é unha tableta que pode acoplarse para funcionar como unha consola caseira ou un dispositivo portátil, o que a converte nunha videoconsola híbrida. Os seus controladores sen cable Joy-Con, con botóns estándar e joystick analóxico direccionais, detección de movemento e retroalimentación táctil, pódense conectar a ámbolos dous lados da consola para poder xogar en estilo portátil. Tamén se poden conectar a un accesorio de agarre para desfrutar unha forma de consola doméstica tradicional gamepad, ou poden usar individualmente na man como o Wii Remote e Nunchuk, permitindo modos multixogador.

Logo da consola.
Nintendo Switch en "modo manual".
Nintendo Switch en "modo TV".

Como consola de oitaba xeración, Nintendo Switch compite no mercado coa Xbox One de Microsoft e a PlayStation 4 de Sony. Case tres millóns de consolas foron vendidas durante o primeiro mes após o lanzamento, superando a proxección inicial de Nintendo de dous millóns de unidades, e superando no primeiro ano máis de 14 millóns de unidades vendidas en todo o mundo, superando tamén as vendas totais de Wii U. A comezos de 2018, a Switch converteuse na consola caseira que máis rapidamente se vendeu no Xapón e nos Estados Unidos. Ata o mes de decembro de 2020, a Nintendo Switch e Nintendo Switch Lite vendeu máis de 79 millóns de unidades en todo o mundo. As vendas de Switch estiveron fortemente vinculadas ás vendas de seis títulos de Nintendo, The Legend of Zelda: Breath of the Wild, Mario Kart 8 Deluxe, Super Mario Odyssey, Super Smash Bros. Ultimate, Pokémon Sword e Shield e Animal Crossing: New Horizons, cada un deles vendendo máis de vinte millóns de unidades.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar