Nikola Kalinić

futbolista croata

Nikola Kalinić, nado en Solin o 5 de xaneiro de 1988, é un futbolista croata.

Nikola Kalinić
Información persoal
Nacemento 5 de xaneiro de 1988
Lugar de nacemento Solin
Altura 187 centímetros
Posición dianteiro, dianteira
Na rede
FIFA: 297379 UEFA: 97212 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Xogou as categorías inferiores do Hajduk Split dende que tiña dez anos e en novembro de 2005, con 17 anos, debutou co equipo absoluto nun encontro contra do HNK Cibalia e xogou algúns partidos pero ao se facer cargo de novo do equipo Zoran Vulić cedeuno ao NK Pula, malia non xogar regularmente como titular, logrou adaptarse ben e en 12 participacións marcou 3 goles, o primeiro nunha vitoria 2 a 0 contra do Kamen Ingrad o 23 de setembro de 2006[1], e o adestrador Krunoslav Jurčić quedou impresionado polo seu xogo, afirmando que se podería converter no vindeiro Zlatan Ibrahimović[2]. A pesar da súa intención de permanecer en Pula, Kalinić regresou ao Hajduk para volver xogar cedido, desta volta ao Šibenik, realizando unha boa actuación con tres goles en oito partidos.

Hajduk Split editar

Tras demostrar que se adaptaba ben á liga croata volveu ao Hajduk para a tempada 2007/08, o seu primeiro partido foi contra do Cibalia substituto, e logo asegurouse un posto como titular nunha vitoria 2 a 1 contra do Osijek. Logrou 17 goles nesa tempada que só superou o máximo goleador da liga, Želimir Terkeš con 21[3]. O seu equipo quedou quinto na liga[4], e axudou a que conxunto chegase á final da Copa de Croacia; marcou en todas as competicións 26 goles, recibindo o premio "Cisne de ouro" da Asociación de Prensa Croata.

Kalinić comezou a tempada seguinte marcando o segundo gol nunha vitoria 0 a 4 contra do Birkirara pasando á seguinte rolda da Copa UEFA 2008-09[5]. No clásico derby co Dinamo Zagreb, Kalinić anotou o primeiro gol por penalty, nun encontro que rematou en vitoria 2 a 0 e supuxo que o Hajduk adiantase ao Dinamo na liga[6].

Kalinić houbo fichar polo Portsmouth a finais de xullo de 2009, mais ao final non se realizou e foi o Blackburn Rovers o que se fixo cos servizos do croata por 7 millóns de euros[7].

Blackburn Rovers editar

Asinou cos Blackburn Rovers o 3 de agosto de 2009 por catro anos[8] Debutou contra o 22 de agosto contra do Sunderland e o seu primeiro gol chegoulle o 27 de outubro o contra do Peterborough United nun encontro da Football League Cup[9] e anotou o seu segundo gol nos cuartos de final da competición contra do Chelsea pero fallou un penalty[10].

O cuarto e mais o quinto gol da tempada foron os dous primeiros goles contra do Aston Villa no encontro de volta da semifinal da League Cup. O seu primeiro gol na Premier League foi contra do Wigan Athletic nunha vitoria 2 a 1.

Non obstante, perder boa parte da pretempada empezou ben a tempada 2010-11, logrando o único gol no primeiro partido da tempada o 14 de agosto contra do Everton. Tras a marcha de Sam Allardyce, o novo adestrador Steve Kean non contou con el como titular[11].

Dnipro Dnipropetrovsk editar

 
Nikola Kalinić adestrando en 2011 ao pouco de se incorporar ao Dnipro Dnipropetrovsk

O 11 de agosto de 2011 Kalinić asinou polo Dnipro Dnipropetrovsk da Primeira Liga Ucraína[12]. Debutou o 13 de agosto nun partido contra do Shakhtar Donetsk como substituto na segunda metade e que rematou nunha derrota 3 a 1, e aínda que logrou marcar nesta súa primeira participación recibiu un cartón vermello tan só dous minutos despois de marcar[13]. Nas súas dúas primeiras tempadas co equipo marcou dez goles.

O 27 de maio de 2015 Kalinić abriu o marcador na final da Europa League contra do Sevilla en Varsovia, malia o seu equipo perder ao remate do encontro por 2 a 3[14]; no decurso da Europa League anotara outros seis goles e 12 mais na liga, totalizando nesa tempada 19, o meirande da súa carreira.

Fiorentina editar

O 14 de agosto de 2015 converteuse en novo xogador do Fiorentina[15] logo de pagar por el 5 millóns de euros, asinando un contrato por catro anos[16]. O seu primeiro partido cos viola foi o 23 de agosto nun partido de liga contra do A.C. Milan que rematou en vitoria 2 a 0[17]. Asinou o seu primeiro gol o 17 de setembro nun partido da Europa League contra do Basilea que se reolveu nunha derrota 1 a 2[18]. Mentres o seu primeiro gol na liga chegou o 23 de setembro na quinta xornada, contra do Boloña [19] O 27 setembro logrou un triplete, o terceiro na súa carreira en segna una tripletta en San Siro contra do Inter nunha vitoria 1 a 4, conseguindo así a Fiorentina o primeiro posto empatado co Inter e converténdose no terceiro xogador viola en facer un triplete diante o Inter tras Vinicio Viani[20] e Gabriel Batistuta[21]. Protagonizou tamén o derby toscano contra do Empoli ao marcar os dous goles do seu equipo e lograr así un empate[22]. No Fiorentina-Udinese do 6 de decembro de 2015 anotou o que sería o seu décimo gol da tempada na liga mais a Lega Calcio non lle recoñeceu o gol por mor da involuntariedade da desviación do tiro por parte do seu compañeiro Milan Badelj[23].

Na tempada 2016/17 principiou marcando na primeira xornada, contra do Juventus, nunha derrota 2 a 1. Permaneceu sen marcar ata a novena xornada, na que foi o protagonista, cun triplete, dunha vitoria 3 a 5 contra do Cagliari.

Milan editar

O 22 de agosto de 2017 pasou como cedido ao AC Milan con obriga de merca por 25 millóns de euros[24]. Fixo o seu debut nunha vitoria 2 a 1 contra do Cagliari o 27 de agosto, saíndo como substituto no minuto 78[25]. O 17 de setembro marcou por primeira volta co seu novo equipo contra do Udinese nunha vitoria 2 a 1[26]

Atlético de Madrid editar

O 9 de agosto de 2018 asinou co Atlético de Madrid por tres anos[27] e seis días despois participou, como substituto malia non saír ao terreo de xogo, na derrota contra do Real Madrid que levou ao seu novo equipo a facerse coa Supercopa de Europa 2018 en Talín.[28].

Selección nacional editar

 
Nikola Kalinić coas cores da selección croata nun encontro contra de Portugal en xuño de 2013

Kalinić foi un xogador clave na selección de fútbol de Croacia sub-21 e tamén representou ao seu país nas sub-17 e sub-19. Comezou a se facer coñecido internacional cando tiña 17 anos no Campionato de Europa sub-17 de 2005 ao ramatar como o máximo goleador do torneo, con 11 goles. Cos sub 19 logrou outros cinco goles durante a rolda preliminar de 2005. Logrou un triplete contra Lituania nunha vitoria por 3 a 0, o que asegurou un posto para a selección na rolda elite do Campionato europeo da UEFA Sub-19 de 2006[29].

Aínda que o adestrador Slaven Bilić o convocou para os partidos de clasificación da Eurocopa de 2008 por mor dunha lesión substituíuno Mario Mandžukić[30]. Non obstante, grazas ás súas cualidades, xa recuperado puido ir coa selección croata á Eurocopa[31] e debutou coa selección absoluta o 24 de maio de 2008 ao saír no minuto 62 nun amigable contra de Moldavia que rematou en vitoria 1 a 0[32] mentres o primeiro partido de competición foi na Eurocopa contra de Polonia, substituíndo a Ivan Klasnić nunha vitoria 1 a 0.

O 17 de novembro de 2010 marcou o seu primeiro gol coa selección nacional, foi o terceiro de Croacia nunha vitoria 3 a 0 contra de Malta na clasificación para a Eurocopa de 2012. O 9 de febreiro de 2011 volveu marcar na vitoria 4 a 2 sobre a República Checa nun amigable. En xuño de 2012 substituíu a un Ivica Olić lesionado nun encontro da Eurocopa pero non xogou no torneo[33]

Malia non participar no Mundial de 2014 convocárono para un amigable coa Arxentina en 2014, sen chegar a saír ao terreo de xogo[34]. En 2015 volveu á competición internacional nun partido da Eurocopa de 2016, marcou un gol e realizou unha asistencia decisiva na vitoria 2 a 1 contra dos campións vixentes, España.[35]

O 4 de xuño de 2018 foi un dos convocados coa selección croata para o Mundial de Rusia[36] pero abandonou a competición o quinto día ao rexeitar saír ao terreo de xogo como un substituto tardío contra de Nixeria, no que era o primeiro partido dos croatas, afirmando recaer nunha antiga lesión[37].Kalinić xa se negara a xogar pola mesma razón previamente, nun amigable contra do Brasil, así como nos adestramentos do día anterior[38][39]. Logo do torneo rematar, Kalinić recibiu unha medalla de prata como parte do equipo croata, mais negouse a aceptala[40][41].

Notas editar

  1. "Pula 2-0 Kamen Ingrad: Kalinićevi trenuci nadahnuća". Nogometni magazin. 23 de setembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 25 de agosto de 2019. 
  2. Sušec, Dubravko (23 de agosto de 2017). "Kako se kalio Kale". Telesport. 
  3. "Croatian Leading Goal Scorers". Soccer Boards. 10 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2009. Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  4. "Croatian Football Federation". UEFA. 10 de maio de 2008. 
  5. "Croatians cruise in southern openers". UEFA. 18 de xullo de 2008. 
  6. "Hajduk defeats Dinamo 2–0 in Sunday football derby". Croatian Times. 23 de febreiro de 2009. 
  7. "Blackburn win race to sign Kalinic". Fansonline.net. 31 de xullo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2020. Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  8. "Rovers 'complete' Kalinic deal". Sky Sports. 4 de agosto de 2009. 
  9. "Blackburn 5–2 Peterborough". BBC Sport. 27 de outubro de 2009. 
  10. Fletcher, Paul (2 de decembro de 2009). "Blackburn 3–3 Chelsea". BBC Sport. 
  11. "Agent – Kalinic could leave". Sky Sports. 6 de abril de 2011. 
  12. "Kalinic heads to the Ukraine". Blackburn Rovers. 11 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2011. Consultado o 11 August 2011. 
  13. "CROATIANS AROUND EUROPE *II*". Croatian Soccer Report. 13 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2011. Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  14. Keegan, Mike (27 de maio de 2015). "Dnipro 2–3 Sevilla: Carlos Bacca scores twice as La Liga side survive scare to retain Europa League crown and earn Champions League spot with dramatic win in Warsaw". Daily Mail. 
  15. "Kalinić è un giocatore della Fiorentina". violachannel.tv. 
  16. "Kalinić oggi a Firenze per firmare: i dettagli dell'affare". fiorentina.it. 16 agosto 2015. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2015. Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  17. "1^ Giornata". legaseriea.it. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2018. Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  18. "Fiorentina, partenza in salita". uefa.com. 
  19. "Fiorentina 2 Bologna 0: Reti di Blaszczykowki e Kalinic". 24 de setembro de 2015. 
  20. "La maturazione di Kalinic, nuovo bomber della Fiorentina". uncalcioalpallone.it. 19 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2015. Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  21. Pierfrancesco Archetti (28 de setembro de 2015). "La mezz'ora che distrusse l'Inter C' è la Fiorentina in vetta alla A San Siro violato". La Gazzetta dello Sport. 
  22. "Fiorentina-Empoli 2-2. Kalinić evita la sconfitta nel derby". 22 de novembro de 2015. 
  23. "Ufficializzato a Badelj il primo gol della Fiorentina". legaseriea.it. 10 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2019. Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  24. "AC MILAN SIGN KALINIC FROM FIORENTINA". goal.com. 22 de agosto de 2017. 
  25. "Suso steers Milan to victory". Footbal Italia. 27 de agosto de 2017. 
  26. "AC MILAN 2 UDINESE 1: KALINIC DOUBLE OPENS ACCOUNT FOR NEW CLUB". Goal.com. 17 de setembro de 2017. 
  27. "Welcome Kalinic". Atlético Madrid. 9 de agosto de 2018. 
  28. Sanders, Emma (15 de agosto de 2018). "Real Madrid 2–4 Atlético Madrid". BBC Sport. 
  29. "Neighbours sweep into next stage". UEFA. 22 de outubro de 2006. 
  30. "Kalinić ruled out for Croatia". Sky Sports. 13 de novembro de 2007. 
  31. "Bilić names squad for EURO assault". UEFA. 5 de maio de 2008. 
  32. "Croatia beat Moldova in Euro 2008 friendly". SoccerNews.com. 24 de maio de 2008. 
  33. "Croatia lose Olic, call on Kalinic". FIFA. 4 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2013. Consultado o 27 de agosto de 2019. 
  34. "International friendly: Lionel Messi helps Argentina recover to beat Croatia at Upton Park". Sky Sports. 12 de novembro de 2014. 
  35. uefa.com (21 de xuño de 2016). "UEFA EURO 2016 - History - Croatia-Spain – UEFA.com". Uefa.com. 
  36. Radičević, Vlado (4 de xuño de 2018). "Zlatko Dalić donio najtežu odluku; višak postao igrač koji to sigurno nije očekivao" [Zlatko Dalić made the toughest decision; the surplus became a player who did not expect it]. Tportal.hr. 
  37. "KALINIĆ SELI U BARCELONU: Hrvatski napadač treću sezonu zaredom mijenja klub". 1 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2019. Consultado o 27 de agosto de 2019. 
  38. "Nikola Kalinic: Croatia send striker home after back injury claim". bbc.com. Consultado o 2018-08-07. 
  39. FIFA.com. "2018 FIFA World Cup Russia™ - Matches - Croatia - Nigeria - FIFA.com". www.fifa.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2018. Consultado o 18 de xuño de 2018. 
  40. "NAPOKON JE POZNAT KALINIĆEV ODGOVOR Evo kako je reagirao hrvatski napadač na ideju da mu se dodjeli srebrna medalja s Mundijala u Rusiji!". sportske.jutarnji.hr. 20 de xullo de 2018. 
  41. "World Cup 2018: Nikola Kalinic refuses Croatian silver medal after being sent home during group stages". independent.co.uk (en inglés). 21 de xullo de 2018.