Nieves Ibeas Vuelta, nada en Vitoria o 28 de xullo de 1961, é unha filóloga vasca.

Infotaula de personaNieves Ibeas
Biografía
Nacemento28 de xullo de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Vitoria Editar o valor em Wikidata
Deputada nas Cortes de Aragón
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora universitaria , política Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
Partido políticoChunta Aragonesista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: nievesibeas Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciada en Filoloxía Románica, doutora en Filoloxía Francesa e profesora titular da Universidade de Zaragoza, adscrita ao Departamento de Filoloxía Francesa na Facultade de Filosofía e Letras.

Dende o ano 2000 até o 2003, foi Vicerreitora de Proxección Social e Cultural da Universidade de Zaragoza. Nas eleccións autonómicas de 2003 foi elixida deputada nas listas de Chunta Aragonesista (CHA), partido da que foi presidenta entre os anos 2008 e 2012. Ostentou o cargo de voceira do seu grupo parlamentario dende 2011 até xaneiro de 2014, data na que renunciou ó seu escano e se reincorporou ó seu posto de profesora da Universidade de Zaragoza. Foi, asemade, membro do Consello Reitor do Instituto Aragonés da Muller, cofundadora do Seminario Interdiscipllinar de Estudos da Muller da Universidade de Zaragoza e fundadora e directora da colección Sagardiana. Estudos feministas das Prensas da Universidade de Zaragoza.

Obras editar

A súa actividade investigadora céntrase no eido da análise da creación literaria dende a perspectiva dos estudos feministas e de xénéro. Formou parte de numerosos proxectos de investigación e entre as súas publicacións atópanse os libros La imagen de la mujer en la novela de evasión en Francia, 1970-1985: novela policiaca y de ciencia ficción (tese de doutoramento); La conjura del olvido: escritura y feminismo (coed. con Mª Ángeles Millán); La perspectiva de género en la educación aragonesa, en colaboración con Begoña Garrido Riazuelo; Hombres y feminismo, número especial da revista Lectora; ademais de numerosos artigos e capítulos de libro sobre literatura e feminismo.