Nicolau D’Olwer

político español

Luis Nicolau d'Olwer, tamén Lluís Nicolau d'Olwer, nado en Barcelona o 20 de xaneiro de 1888 e finado en Cidade de México o 24 de decembro de 1961, foi un político catalán de ideoloxía catalanista e republicana.

Infotaula de personaNicolau D’Olwer

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ca) Lluís Nicolau d'Olwer Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xaneiro de 1888 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de decembro de 1961 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
28 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Barcelona (capital) (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas
11 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Barcelona (capital) (en) Traducir
Concelleiro de Barcelona
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico
España Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona
Universidade Central Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Barcelona Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , filólogo , político , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Partido políticoLliga Regionalista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

No ano 1904 comezou a carreira de Filosofía e Letras. A finais de 1917 Nicolau publicaba Literatura Catalana. Perspectiva General. Era a primeira historia da literatura catalá escrita integramente en catalán. No mesmo ano foi nomeado membro do Instituto de Estudos Cataláns e escollido concelleiro en Barcelona pola Lliga Regionalista.

Nicolau incorporouse á Comisión de Cultura, onde impulsou unha serie de proxectos vinculados ó movemento de renovación pedagóxica. Así naceron as escolas do "Bosque" e do Mar, entre outros. En 1922 fundou Acció Catalana, e a República Francesa concedeulle a Lexión de Honra. Aquel ano estreouse como profesor da Escola de Bibliotecarias e da Universidade de Barcelona.

No ano 1923 Nicolau ingresou na Unión Académica Internacional. Entre os anos 1926 e 1931 foi apartado da política pola ditadura de Primo de Rivera. No intervalo viron a luz obras como La expansión de Cataluña en el Mediterráneo oriental, El pont de la mar blava, "Resumen de literatura catalana, "Paisajes de nuestra historia e La lección de la dictadura.

Colaborador de Palestra, movemento catalanista, implicouse na caída da monarquía afonsina. O 14 de abril de 1931, no cumprimento do Pacto de San Sebastián, incorporouse ó Goberno Provisional da República. O 18 de abril daquel ano, tomou posesión do Ministerio de Economía. Foi elixido deputado a Cortes Constituíntes por Acció Catalana Republicana, destacando pola súa defensa do Estatuto de Autonomía Catalán. En maio de 1933 o presidente Manuel Azaña nomeouno xefe da delegación española na Conferencia Económica e Monetaria Mundial de Londres.

Durante o curso 1933-1934, Nicolau incorporouse á Universidade Autónoma de Barcelona, impartindo clases de lingua e literatura latina medieval. No 1935 participou, como xefe da representación catalá, na Comisión Mixta de Traspasos Goberno central - Generalitat de Cataluña.

Nas eleccións de febreiro de 1936, Nicolau conseguiu o maior número de votos dun deputado por Barcelona, revalidando, así, o seu escano nas Cortes por Acció Catalana Republicana, que formaba parte do Front d'Esquerres de Catalunya. Poucas semanas despois era nomeado Gobernador do Banco de España.

A principios de 1939 abandonou España e estableceuse en París, ocupándose alí da axuda ós refuxiados republicanos españois, desde a presidencia da Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles. As presións do xeneral Franco fixeron que o goberno do mariscal Petain o encerrara no penal de Cusset. A pesar diso foi liberado no 1943 e retornou a París. Poucos meses despois foi novamente detido pola Gestapo, e enviado á prisión de Fresnes. Liberado contra todo prognóstico grazas a un amigo alsaciano, no mes de outubro de 1945 partiu cara a México. Ó pouco tempo foi nomeado embaixador da República Española naquel país. Alí casou coa mexicana Palma Guillén, no ano 1946. Tamén desempeñou o cargo de ministro sen carteira no goberno no exilio que constituíu José Giral entre agosto de 1945 e xaneiro de 1947.[1]

No ano 1951 presidiu os Xogos Florais Cataláns de Nova York.

No 1961, o Colegio de México recoñeceu a súa achega á cultura mexicana, e o seu traballo, nomeándoo membro da institución. A véspera de Nadal do ano 1961, morría en Cidade de México, onde repousan os seus restos.

Notas editar

  1. Tussel, Xavier (1977). Planeta, ed. La oposición democrática al franquismo (1939-1962). Barcelona. ISBN 84-320-7525-6.