Nicolas Batum
Nicolas Batum, nado o 14 de decembro de 1988 en Lisieux, Baixa Normandía, é un xogador profesional de baloncesto francés, que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA). Mide 2,03 metros e xoga na posición de aleiro. Foi considerado coma un dos xogadores europeos máis prometedores do seu ano de nacemento.[1] Foi elixido MVP no Torneo Albert Schweitzer sub-18 disputado en Mannheim en 2006.
Philadelphia 76ers – No. 40 | |
Posición | Ala / Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 14 de decembro de 1988 (35 anos) Lisieux, Normandía |
Nacionalidade | Francia |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 104 kg (230 lb) |
Información da carreira | |
Pre-draft club | Le Mans Sarthe Basket LNB |
NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 25 Por Houston Rockets |
Carreira | dende 2006 |
Historial de equipos | |
Le Mans Sarthe Basket (2006–2008) Portland Trail Blazers (2008–2015) SLUC Nancy (2011) Charlotte Hornets (2015–2020) Los Angeles Clippers (2020–2023) Philadelphia 76ers (2023–presente) |
Traxectoria editar
Categorías inferiores de Francia editar
Foi internacional coa selección francesa nas categorías sub-16 e sub-18, gañando con esta última o premio ao mellor xogador do campionato.
Liga francesa editar
Pasou a pertencer ás categorías inferiores do Le Mans S.B. da liga francesa en 2003, debutando no primeiro equipo na tempada 2006-07, facendo 5 puntos e 2,8 rebotes por partido, mellorando considerablemente ao ano seguinte, cando logrou 12,3 puntos e 5 rebotes.[2]
NBA editar
Foi elixido na vixésimo quinta posición do Draft da NBA de 2008 polos Houston Rockets, pero os seus dereitos foron traspasados aos Portland Trail Blazers a cambio dos de Darrell Arthur e Joey Dorsey, equipo co que asinou en xullo de 2008. Nos cinco partidos que disputou na Liga de Verán celebrada en Las Vegas, conseguiu unhas medias de 6,8 puntos, 4,6 rebotes e 1,2 asistencias por partido.[3]
En agosto de 2011, durante o lockout da NBA dese mesmo ano, asinou un contrato dun ano polo SLUC Nancy da liga francesa, válido ata o remate do lockout.[4][5]
Notas editar
- ↑ "Ranking of international players born in 1988". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2007. Consultado o 17 de setembro de 2009.
- ↑ "Prospect profile: Nicolas Batum". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2009. Consultado o 17 de setembro de 2009.
- ↑ Trail Blazers sign Nicolas Batum
- ↑ "SLUC Nancy announces Nicolas Batum". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2011. Consultado o 03 de agosto de 2011.
- ↑ "SLUC NANCY lands Batum". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2012. Consultado o 03 de agosto de 2011.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 29 de marzo de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)