Nicolás Redondo Terreros

político español

Nicolás Redondo Terreros, nado en Portugalete (Biscaia) o 16 de xuño de 1958, é un político español, que foi secretario xeral do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSE-EE) entre outubro de 1997 e decembro de 2002. Foi membro do Parlamento Vasco pola provincia de Biscaia dende marzo de 1984 até abril de 2002.

Infotaula de personaNicolás Redondo Terreros

(2016) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xuño de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Portugalete, España Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento do País Vasco
8 de xuño de 2001 – 17 de abril de 2002

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
25 de novembro de 1998 – 8 de xuño de 2001

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado no Congreso dos Deputados
26 de marzo de 1996 – 20 de outubro de 1997

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado no Congreso dos Deputados
28 de xuño de 1993 – 9 de xaneiro de 1996

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado do Parlamento do País Vasco
18 de decembro de 1990 – 29 de xuño de 1993

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
8 de xaneiro de 1987 – 3 de setembro de 1990

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
22 de marzo de 1984 – 8 de xaneiro de 1987

Circunscrición electoral: Biscaia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto - dereito Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Española (en) Traducir (2024–)
Partido Socialista Obrero Español (–2023) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
14 de xullo de 2014Q66447610 Traducir
5 de novembro de 2012Q67392091 Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSusana Gómez (en) Traducir (1996–) Editar o valor em Wikidata
PaisNicolás Redondo Urbieta Editar o valor em Wikidata  e Natividad Terreros (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsIdoia Redondo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesNicolás Redondo Blanco (en) Traducir (avó paterno) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do dirixente sindical de Unión Xeral de Traballadores (UXT) Nicolás Redondo Urbieta, o seu avó Nicolás Redondo Blanco, foi tamén un destacado dirixente socialista e un dos primeiros concelleiros do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) en Biscaia. Ós oito anos trasladouse, xunto co súa irmá máis nova Idoia, ás Hurdes, lugar onde fora desterrado o seu pai. Ó ano seguinte volveu ó País Vasco.

Estudou Dereito, licenciándose pola Universidade de Deusto. Comezou a súa carreira política afiliándose ás Mocidades Socialistas de España en 1975. Entre 1977 e 1978 foi secretario de relacións políticas da comisión executiva do Partido Socialista de Euskadi (PSE) de Biscaia.

En 1984 obtivo un escano no Parlamento Vasco por Biscaia. Durante esta época iniciouse unha relación de entendemento entre o Partido Nacionalista Vasco (PNV) e o PSE que levou a este último a participar no goberno vasco en varias ocasións. Redondo Terreros entrou na executiva do PSE-PSOE en 1988, e en 1989 substituíu a Ricardo García Damborenea como Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Biscaia. Foi elixido secretario político do PSE en 1993. En 1997, substituíu a Ramón Jáuregui como secretario xeral do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSE-EE), co apoio das agrupacións biscaíña e guipuscoana, dirixidas por Rodolfo Ares e Jesús Eguiguren, respectivamente,[1] e en 1998, sendo elixido dentro do seu partido mediante eleccións primarias, nas que derrotou a Rosa Díez, presentouse por primeira vez como candidato a Lehendakari polo PSE-EE.[2]

Tras a firma do Pacto de Estella en 1998 polo PNV, o PSE-EE abandonou o goberno de coalición cos nacionalistas vascos, iniciándose entón un achegamento ó Partido Popular do País Vasco (PP), liderado por Jaime Mayor Oreja.[3]

En xullo de 2000, foi nomeado secretario federal de Relacións Institucionais do PSOE, no mesmo congreso en que José Luis Rodríguez Zapatero foi elixido secretario xeral do partido.

En 2001 volveu presentarse como candidato á presidencia do Goberno Vasco, nunhas eleccións marcadas polo frentismo e nas que se prevía que PP e PSE-PSOE poderían pactar tras as eleccións para desaloxar ó PNV da presidencia.[4] En devanditas eleccións, o PSE-EE baixou de 14 a 13 escanos. Pola súa banda, o PNV conseguiu o seu máximo histórico ó presentarse en coalición con Eusko Alkartasuna, 33 escanos co 42,7% dos votos, o cal non permitiu que un acordo entre PSE-EE e PP puidese desaloxar ó PNV do Goberno Vasco. As abertas discrepancias coa liña política do PSE-PSOE levárono, ese mesmo ano, a dimitir de todos os seus cargos no partido.[5] Paradoxalmente, o sector de Rosa Díez converteuse no único apoio de Redondo no partido, ó perder o apoio de Rodolfo Ares e Jesús Eguiguren.[2]

En 2001 foi nomeado presidente da Fundación para a Liberdade, manifestando unha opinión crítica respecto da liña política do PSE-EE e do PSOE,[6] aínda que tamén sinalaba respecto ó exlehendakari socialista Patxi López que «é unha persoa á que estimo e considero, estea de acordo ou non coas súas opinións».[6] En consonancia con isto, negouse a seguir a outros ex-dirixentes e simpatizantes do PSE-EE na fundación de UPyD (como Rosa Díez, Aurelio Arteta e Fernando Savater) ou no seu achegamento ao PP (Gotzone Mora ou Edurne Uriarte).

Renunciou á súa reelección como secretario xeral do PSE-EE tras un criticado encontro con Ricardo García Damborenea no ano 2002.[7] A partir de entón compaxinou a súa actividade na Fundación para a Liberdade coa súa profesión como avogado e conselleiro de Fomento de Construcións e Contratas,[8] xa que antes fora conselleiro de Cementos Alfa, propiedade da anterior empresa.[9]

Actualmente colabora con Carlos Herrera no seu programa da COPE, Herrera en COPE.

Polémicas co partido editar

Foi crítico en diferentes ocasións co Goberno de Pedro Sánchez e, especialmente, mostrou a súa rotunda oposición á reforma do delito de sedición que proxectaba o Executivo, tal e como se recolleu nunha columna publicada por el mesmo na prensa .[10] Previamente, asinara unha declaración conxunta con outros políticos como Francesc de Carreras ou César Antonio Molina para que, tralas eleccións de novembro de 2019, se chegase a un acordo de goberno entre as forzas denominadas "constitucionalistas", feito que non se produciu.[11]

Acusado de apoiar á candidata popular Isabel Díaz Ayuso á reelección como presidenta da Comunidade de Madrid, o PSOE abriulle un expediente de expulsión así como para o tamén expresidente da rexión metropolitana, Joaquín Leguina,[12] quen acabou sendo expulsado.[13][14][15] Non obstante, uns meses despois a dirección do partido retirou o expediente, mantendo aberto o expediente de Leguina, porque "non está acreditada a comisión dos feitos imputados e está acreditado que Nicolás Redondo actuou solicitando a rectificación da información publicada, negando ter solicitado o voto para Díaz Ayuso e, ao mesmo tempo, apoiou ao candidato do PSOE».[16] O exsecretario xeral dos socialistas vascos agradeceu o apoio do exvicepresidente do Goberno, Alfonso Guerra, e concluíu que a súa absolución "avalaba unha ampla marxe de discrepancia dentro do PSOE".

Como punto final dos desencontros, o 14 de setembro de 2023, o PSOE expulsouno definitivamente do partido por terse manifestado en contra, en artigos periodísticos do grupo Vocento e nunha entrevista radiofónica na cadea Onda Cero da posibilidade dunha amnistía para os políticos cataláns.[14][17]

Notas editar

  1. «Nicolás Redondo Terreros, un precedente de Rosa Díez». Informativos Telecinco. 30 de agosto de 2007.
  2. 2,0 2,1 Informativos Telecinco. 30 de agosto de 2007.
  3. Javier Urtasun. «Redondo advierte que los socialistas no serán "el salvavidas de Ibarretxe"». El Mundo. 29 de maio de 2000.
  4. Mayte Alcaraz. «Entrevista a Nicolás Redondo Terreros». ABC. 24 de xuño de 2006.
  5. «Entrevista a Juan Fernando López Aguilar, secretario de Libertades Públicas y Desarrollo Autonómico del Partido Socialista. Telemadrid. 10 de xaneiro de 2002.
  6. 6,0 6,1 «Nicolás Redondo Terreros: "No comparto parte sustancial de lo que hace mi partido" Arquivado 13 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.». El Correo. 18 de decembro de 2006. Consultado na web da Fundación para a Liberdade, o 5 de marzo de 2015.
  7. M. Alonso. «Entrevista con Nicolás Redondo: "El socialismo vasco no se merecía el desgaste de una campaña contra mí"». ABC. 21 de xaneiro de 2002.
  8. Javier Fernández Magariño. «Nicolás Redondo Terreros se incorporará a FCC como consejero». Cinco Días. 14 de maio de 2008.
  9. Belén Ferreras. «Anasagasti pide que FCC sea boicoteada por nombrar consejero a Redondo Terreros». El Mundo. 1 de xuño de 2006.
  10. Redondo Terreros, Nicolás (11 de novembro de 2022). "Sedición: de reforma a voladura". elmundo.es (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2023. 
  11. Mayor Ortega, Leonor (26 de novembro de 2019). "Exmiembros de PSOE y Cs piden un pacto entre Sánchez, Casado y Arrimadas". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2023. 
  12. Redacción (7 de maio de 2021). "El PSOE abre expediente de expulsión a Leguina: "Me la suda. Volveré cuando se vaya" Sánchez". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2023. 
  13. Redacción (7 de decembro de 2022). "El expresidente Joaquín Leguina, expulsado del PSOE por su apoyo a Isabel Díaz Ayuso". elpais.com (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2023. 
  14. 14,0 14,1 Redacción (14 de setembro de 2023). "Negociaciones de investidura, en directo. El PSOE expulsa a Nicolás Redondo Terreros". elpais.com (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2023. 
  15. Piña, Raúl (14 de setembro de 2023). "El PSOE expulsa a Nicolás Redondo por su "reiterado menosprecio a las siglas" del partido y tras pronunciarse contra una posible amnistía". elmundo.es (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2023. 
  16. E., S. (4 de setembro de 2021). "El PSOE archiva el expediente de expulsión de Nicolás Redondo". abc.es (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2023. 
  17. Sánchez, Diego (14 de setembro de 2023). "El PSOE expulsa a Nicolás Redondo Terreros por su “reiterado menosprecio” al partido". elpais.com (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar