Nicolás Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 1 de xullo de 1891 e finado en Madrid o 15 de abril de 1977, foi un militar e político galego, participante na sublevación militar contra a II República que deu orixe á guerra civil española. Era o irmán máis vello de Ramón, Pilar, María de la Paz e Francisco Franco Bahamonde, quen asumiu a xefatura do Estado tralo conflito.

Infotaula de personaNicolás Franco

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xullo de 1891 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de abril de 1977 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961
Embaixador de Espanha em Portugal (pt) Traducir
29 de maio de 1940 – 10 de xaneiro de 1958
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónMilitar, diplomático, político
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisNicolás Franco Salgado-Araújo Editar o valor em Wikidata  e Pilar Bahamonde Editar o valor em Wikidata
IrmánsPilar Franco, Ramón Franco e Francisco Franco Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Formación editar

O seu pai, Nicolás Franco Salgado-Araújo, foi xeneral intendente da Armada Española, e a súa nai, María del Pilar Bahamonde y Pardo de Andrade, proviña dunha familia cunha gran tradición na Mariña.[1]

Continuou a tradición mariñeira da familia ingresando na Escola Naval Militar de Marín, en Pontevedra, onde acadou o grao de oficial da Armada Española, e na Escola de Enxeñeiros Navais, onde coincidiu con Juan Antonio Suances, graduouse como enxeñeiro naval.[2]

Comezou a súa carreira política durante a Segunda República, chegando a ser secretario xeral do Partido Agrario que presidía José Martínez de Velasco. De 1932 a 1934 ocupou o cargo de director da Escola Superior de Enxeñeiros Navais, e en 1935 foi nomeado director xeral da Mariña Mercante Española, ás ordes do ministro de Mariña Pedro Rahola, durante o mandato de Joaquín Chapaprieta.[3]

Guerra civil editar

Sendo o seu irmán Francisco un dos principais instigadores do golpe de estado do 18 de xullo de 1936, pronto se converteu nun dos seus máis importantes colaboradores, e tivo grande influencia na decisión do seu nomeamento como futuro Xefe de Estado. A súa actividade durante a guerra desenvolveuse como embaixador en Italia en 1937 e desde o ano seguinte completamente en Portugal, desde onde garantiu como embaixador o apoio do goberno de António de Oliveira Salazar ao bando sublevado, así como de subministracións materiais e colaboración para a detención de republicanos que traspasaban a fronteira.

Posguerra editar

En 1940 foi nomeado Cabaleiro da Orde Militar e Hospitalaria de San Lázaro de Xerusalén no grado de Gran Cruz. Foi ascendido en 1942 a xeneral do Corpo de Enxeñeiros Navais da Armada, e mantívose como embaixador de España en Portugal ata 1957. Ao seu regreso a España desenvolveu unha intensa actividade financeira. Foi fundador e presidente do Consello da sociedade "Fabricación de Automóbiles, SA" (FASA-Renault) e tamén fundador de "Fabricación de Automóbiles Diesel, SA" (Fadisa), así como presidente honorario de Alcan Aluminio Ibérico e conselleiro da Compañía Trasmediterránea de Navegación, así como director de Unión Naval de Levante. Foi igualmente conselleiro de Manufacturas Metálicas Madrileñas. O seu irmán Francisco, xa como xefe de Estado, designouno procurador en Cortes, cargo que desempeñou durante as lexislaturas VI, VII, VIII, IX e X; ata o seu falecemento, en 1977.

Falecemento editar

Ás catro da tarde do 15 de abril de 1977 finaba na Policlínica Naval de Madrid, vítima de complicacións renais (insuficiencia e uremia aguda) xurdidas tras unha operación á que foi sometido o 2 de marzo dese mesmo ano por mor dunha fractura de cadeira. Os restos mortais estiveron expostos durante a noite do venres e a mañá do sábado nunha capela ardente instalada no propio Hospital Policlínico da Mariña. Logo dunha misa corpore insepulto, celebrada na capela do centro médico, foi trasladado, ás catro e media da tarde, ao cemiterio madrileño da Almudena onde foi enterrado pouco logo das cinco da tarde. Durante o traslado dos restos, a comitiva foi custodiada pola Policía Municipal e a Policía Armada. Ao enterro asistiron soamente a viúva, Isabel Pascual de Pobil; o seu fillo, Nicolás Franco Pascual de Pobil, e algúns familiares máis, ademais dun grupo de altos oficiais da Armada.[Cómpre referencia]

Imputado por crimes contra a humanidade editar

Foi un dos trinta e cinco altos cargos do franquismo imputado pola Audiencia Nacional no sumario instruído por Baltasar Garzón, polos delitos de detención ilegal e crimes contra a humanidade cometidos durante a guerra civil española e nos primeiros anos do réxime, e que non foron procesados ao comprobarse o seu falecemento.[4][5][6]

Notas editar

  1. Biografía Francisco Franco.
  2. "Guerra Civil 1936: Biografías.". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 24 de xaneiro de 2014. 
  3. Historia de la Iglesia en España 1931-1939, Tomo II. Gonzalo Redondo. Ediciones Rialp. Páx. 133.
  4. "Texto del auto de 16 de octubre de 2008". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2014. 
  5. "Documento: Auto del juez Garzón en que se inhibe de investigar la causa del franquismo.". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2014. 
  6. El País: Garzón reparte la causa del franquismo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar