Nicéforo Blemides

Nicéforo Blemides (en grego: Νικηφόρος Βλεμμύδης), nado en Constantinopla en 1197 e finado en Éfeso en 1272, foi unha figura literaria bizantina do século XIII.

Infotaula de personaNicéforo Blemides
Biografía
Nacemento1197 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Mortec. 1269 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, poesía, educación, teoloxía, medicina e monkish life (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Imperio Bizantino
Asia Minor (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónomo , poeta , mestre , teólogo , médico , filósofo , autobiógrafo , monxe Editar o valor em Wikidata
AlumnosXurxo Acropolita Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en 1197 en Constantinopla como o segundo fillo dun médico. Despois da conquista de Constantinopla polas forzas da Cuarta Cruzada en 1204, emigrou a Asia Menor. Alí recibiu unha educación liberal en Prusa, Nicea, Esmirna e Escamandro. Blemides estudou medicina, filosofía, teoloxía, matemáticas, astronomía, lóxica e retórica. Cando finalmente adquiriu unha carreira como clérigo, tomou parte activa nas controversias teolóxicas entre a Igrexa Ortodoxa Oriental e a Igrexa católica, escribindo tratados sobre a Procesión do Espírito Santo, avogando polo uso occidental.

Blemides tamén fundou unha escola na que ensinou a estudantes como o príncipe Teodoro II Láscaris e Xurxo Acropolita. Nos seus últimos anos, Blemides converteuse nun monxe e retirouse a un mosteiro que el mesmo construíu en Éfeso. Morreu en 1272.

Obras publicadas editar

  • Autobiographia (Curriculum Vitæ)
  • Epistula universalior
  • Epitome logica
  • Epitome physica
  • Expositio in Psalmos
  • De processione Spiritus Sancti
  • De regia pellice templo ejecta (Sobre a concubina real expulsada do templo)
  • De regis oficiis (Dos deberes do rei)
  • Laudatio Sancti Ioanni Evangelistae
  • Orationes de vitae fine
  • Regia statua
  • Sermo ad monachos suos (Sermón aos seus monxes)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • P. A. Agapitos, "Blemmydes, Laskaris and Philes," in Byzantinische Sprachkunst. Studien zur byzantinischen Literatur gewidmet Wolfram Hoerandner zum 65. Geburtstag. Hg. v. Martin Hinterberger und Elisabeth Schiffer. Berlín-Nova York, Walter de Gruyter, 2007 (Byzantinisches Archiv, 20), 6-19; Bildtafel I-II

Ligazóns externas editar