New Orleans Saints

equipo profesional estadounidense de fútbol americano

Os New Orleans Saints son equipo profesional de fútbol americano con sede en Nova Orleáns, Luisiana. Os Saints compiten na National Football League (NFL) como club membro da División Sur da National Football Conference (NFC). O equipo foi fundado o 1 de novembro de 1966 por John W. Mecom Jr., David Dixon e a propia cidade de Nova Orleáns. O nome do equipo provén da festividade de Todos os Santos, debido ao gran número de católicos que viven na cidade, é ao himno "When the Saints Go Marching In", moi asociado a Nova Orleáns.[1] As cores do equipo son o dourado é o negro, mentresa que o seu escudo é unha flor de lis de trazos sixelos. A franqía comezou xogando os seus partidos como local no Tulane Stadium, onde permaneceron até 1975, ano no que se trasladaron ao Louisiana Superdome (actualmente coñecido como Mercedes-Benz Superdome, debido ao patrocinio da compañía alemá).[2][3]

New Orleans Saints
Fundado en 1966
Sede en Nova Orleáns, LA
Logo dos New Orleans Saints
Logo dos New Orleans Saints
Wordmark dos New Orleans Saints
Wordmark dos New Orleans Saints
LogoWordmark
Afiliacións de Liga/Conferencia

National Football League (1967–presente)

  • Eastern Conference (1967–1969)
    • Capitol Division (1967, 1969)
    • Century Division (1968)
  • NFC (1970−presente)
Uniforme actual
CoresOuro, negro, branco               
MascotaGumbo, Sir Saint
Cadro de persoal
Propietario(s)Tom Benson
PresidenteDennis Lauscha
Director xeralMickey Loomis
AdestradorSean Payton
Historia
  • New Orleans Saints (1967–presente)
Alcume(s)
  • Who Dat
  • The Black and Gold
  • The Dome Patrol
  • The Aints
  • The Bless You Boys
Campionatos
Títulos de Liga (1)
  • Super Bowl (1)
    2009 (XLIV)
Conferencia (1)
  • NFC: 2009
División (7)
  • NFC West: 1991, 2000
  • NFC South: 2006, 2009, 2011, 2018, 2019
Estadios

Durante os seus primeiros vinte anos, os Saints non foron un equipo moi competivo, conseguindo un balance de máis vitorias que derrotas tan só nas temporadas 1987, onde remataron 12−3 clasificándose por vez primeira aos playoffs, e en 1998, onde conseguiron acabar cun rexistro de 10–6. Por outra banda, a primeira en playoffs non chegaría até o ano 2000, cando conseguiron vencer aos St. Louis Rams por 31–28. En 2005, o furacán Katrina devastou a cidade, converténdose o Superdome en refuxio temporal para os afectados. De feito, o propio estadio sufriu cuantiosos danos. Esta situación levou a que o equipo tivese que xogar os seus partidos noutras cidades como San Antonio ou Baton Rouge. Finalmente, o Superdome foi arranxado para a temporada seguinte por valor duns 185 millóns de dólares. O primeiro partido dos Saints de volta na súa cidade levou consigo unha gran carga emocional, conseguindo gañar aos seus rivais de división, os Atlanta Falcons, por 23–3, e conseguindo clasificarse por segunda vez na súa historia aos playoffs. O seguinte fito histórico da franquía foi na temporada 2009, cando o equipo consegue gañar da man de Drew Brees a súa primeira Super Bowl tras vencer aos Indianapolis Colts por 31–17.

Xogadores editar

Cadro actual editar

Quarterbacks

Running backs

Wide receivers

Tight ends

Liña ofensiva

Liña defensiva

Linebackers

Defensive backs

Equipos especiais

Reservas

Equipo de adestramento

Rookies en cursiva
Roster actualizado a 2018
Depth ChartTraspasos
53 activos, 14 inactivos, 10 de adestramento

Notas editar

  1. "Franchise nicknames" (en inglés). Pro Football Hall of Fame. 01-01-2005. 
  2. "Governor Jindal & Saints Announce New Superdome Name to be "Mercedes-Benz Superdome"" (Nota de prensa) (en inglés). New Orleans Saints. 04-10-2011. Arquivado dende o orixinal o 05-10-2011. Consultado o 15-02-2017. 
  3. Woodyard, Chris (04-10-2011). "Mercedes-Benz buys naming rights to New Orleans' Superdome". USA Today (en inglés). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar