Nespereira (árbore)

Para a árbore tamén chamada nespereira nativa de Europa ver o artigo: Nespereira europea.

Nespereira do Xapón

Follas e froitos da nespereira.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Spiraeoideae
Tribo: Pyreae
Xénero: Eriobotrya
Especie: E. japonica
Nome binomial
'Eriobotrya japonica'
(Thunb.) Lindl.
Sinonimia


Photinia japonica

A nespereira do Xapón ou simplemente nespereira (Eriobotrya japonica), é unha árbore froiteira pertencente á familia das rosáceas, nativa do centro da China (Chongqing e provincia de Hubei ).[1] Pensouse nun principio que estaba moi emparentada co xénero Mespilus, e por iso en Galicia se lle coñece co nome de nespereira, que veu, aos poucos, a substituír o cultivo e mesmo o nome da auténtica nespereira autóctona, a nespereira europea. En inglés tamén lle chaman ameixa do Xapón.[2] e na China coñécese coma "pipa" (枇杷). Foi introducido no Xapón onde se naturalizou e leva cultivándose máis de 1000 anos. Tamén se naturalizou na India, na Conca mediterránea, no Paquistán e moitas outras áreas. Menciónase a miúdo na antiga literatura chinesa, por exemplo, nos poemas de Li Bai e na literatura portuguesa é coñecida dende a época de colonización. Probabelmente chegou dende o norte de Portugal a Galicia, onde hoxe é unha especie común nos pomares, especialmente nas Rías Baixas.

Taxonomía editar

Eriobotrya japonica foi descrita por (Thunb.) Lindl. e publicado en Transactions of the Linnean Society of London 13(1): 102, no ano 1821.[3]

Sinonimia
  • Crataegus bibas Lour.
  • Mespilus japonica Thunb. basónimo
  • Photinia japonica (Thunb.) Benth. & Hook. f. ex Asch. & Schweinf.[4]

Etimoloxía editar

 
Cultivar destinada a uso doméstico, na que as flores abren gradualmente, tamén a froita madura de xeito gradual, a diferenza das cultivares empregadas para uso comercial, que florean á vez e os froitos chegan ao mesmo tempo.

O nome común chinés que tomou o inglés loquat deriva de lou4 gwat1, a pronuncia en cantonés do seu vello nome chinés clásico (芦橘, 蘆橘, literalmente "cana laranxa"). En chinés moderno, é máis comunmente coñecido coma pipa(枇杷, pípá), pola súa semellanza na forma ao instrumento musical chinés pipa (琵琶). E así, en xaponés é biwa, polo correspondente instrumento musical, a biwa.

En galego o froito chámase néspera, igualmente que en portugués: nêspera ou magnório; níspero en castelán, nespola en italiano, naspla en maltés, naspolya en húngaro, nespra en catalán, nèfle du Japon ou bibasse en francés; sheseq en hebreo, askidinya, akkidinya, igadinya ou bashmala en árabe, akkadeneh ou akka dhuniya en libanés, zger ou nor ashkhar en arménico, mushmala en xeorxiano, mousmoula ou mespilia en grego, musmula, yeni dunya, yedi dunya, ou Malta erigi en turco. Tanto en arménico coma en turco literalmente significa "novo mundo."

Descrición editar

É un arbustoou arboriña perennifolia, cunha copa arredondada, toro corto e casca cinsenta e fendada. Pode ter unha altura de 5 a 10 m, mais frecuentemente é moito máis baixo, arredor dos 3 ou 4 m.

As follas, de 10 a 25 cm de lonxitude, curtamente pecioladas e coas marxes aserradas, son simples, de forma oblonga elípticas co ápice acuminado e nerviación prominente; dispóñense de forma alterna ao longo do talo. Textura coriácea e de cor verde escura na face superior, mentres que cubertas cunha mesta pubescencia aveludada na face inferior, pubescencia que tamén se presentan a face das follas novas.

A diferenza das demais árbores froiteiras, esta especie florece no outono ou comezos do inverno, e os froitos maduran a finais do inverno ou comezos da primavera.
As flores, de 2 cm de diámetro, son brancas, con 5 pétalos, en panículas de tres a dez flores. Pedúnculos tomentosos e cáliz que persiste no froito.

Os froitos, as nésperas, son tipo pomo, xeralmente agrupados en gran número, ovais, arredondados ou en forma de pero, de 3 a 5 cm de lonxitude. Presentan unha cutícula lisa ou pilosa, amarela ou alaranxada, ás vecesencarnada. A polpa é suculenta; aceda, doce ou subaceda, dependendo da cultivar; branca, amarela ou laranxa. Cada froito contén cinco óvulos, dos cales de tres a cinco maduran dando grandes sementes pardas. A pel, malia ser dura, pódese deluvar de xeito doado cando a froita está ben madura.

Usos e cultivo editar

Culinario editar

 
Dúas nésperas, a primeira enteira e a segunda depelicada, con carabuña e sen pecúndulo.

A froita é comparábel á mazá en moitos aspectos, con altos contidos de azucre, ácido e pectina. Consómese fresca, e mesturada con outras froitas en ensaladas ou copas frutais. A froita lixeiramente inmatura, firme, é mellor para facer tortas e pudins. Tamén se elaboran xeleas, doces e almibres ou caldos de azucre. Pódese empregar tamén para facer viño.

Usos medicinais editar

Un tipo de xarope de néspera úsase na medicina chinesa para temperar a gorxa. Combinado con outros ingredientes e coñecido coma 枇杷膏 (nin jiom pei pa koa: pípágāo, pasta de néspera), actúa coma demulcente e expectorante, tamén é beneficiosa para o aparello dixestivo e o sistema respiratorio.

Como outras plantas emparentadas, as sementes e follas novas son tóxicas, polo seu pequeno contido de glicócidos cianoxenéticos liberadores de cianuro cando son dixeridas, aínda que a súa baixa concentración e amargor normalmente preveñen a inxesta accidental.

Dende a década de 2000 achouse no extracto das follas un principio activo que estimula o crecemento do folículo piloso, polo que se utiliza en locións antialopecia rexeneradoras e para o crecemento do cabelo.[5][6][7][8]

En investigacións obtidas en laboratorio dos callus a partir das follas, achouse unha substancia triterpénica capaz de inhibir o desenvolvemento das células cancerosas da pel en ratos de investigación.[9][10]

Cultivo editar

É unha árbore doada de cultivar, e frecuente coma árbore ornamental; foi plantada na California dende a década de 1870 e no clima húmido do sueste de Texas (Houston), así como en todo Israel. En México é moi común. En Galicia abunda nos xardíns e pomares das Rías baixas. A textura da súa follaxe dá un toque tropical aos xardíns, contrastando ben con moitas outras plantas. A súa grande vantaxe é a sombra permanente.

A multiplicación faise por sementes, porén algunhas variedades o proceso lévase a cabo por enxerto do tipo chamado enxerto en T. É unha especie moi adaptábel, tolerando ben o frío, a seca e diversos tipos de substrato. A utilización dos froitos desta árbore para fins comerciais require fertilización e acernaduras periódicas.

Produción editar

Xapón lidera a produción, seguido por Israel e o Brasil. Nas Bermudas, é unha froita moi popular, normalmente dispoñíbel de febreiro até abril, e comunmente consumida coma marmelada. Tamén en Turquía, Siria, Líbano, Grecia, Xeorxia, Armenia, sur de Italia, Malta, Portugal, España, sur de Francia, Nova Zelandia, norte de África, o Uruguai, Chile e a Arxentina.[11]

Notas editar

  1. "Flora of China". 
  2. "Japanese Plum / Loquat". University of Florida, Nassau County Extension, Horticulture. Consultado o 20 March 2012. 
  3. Nespereira (árbore) en Trópicos
  4. Nespereira (árbore) en PlantList
  5. "Use of eriobotrya japonica extract, in particular in cosmetics for stimulating glycosaminoglycan synthesis". Consultado o 31 de agosto de 2009. 
  6. Nobuaki, Ohto. "Utilising loquat leaf extract for hair growth stimulation". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2009. Consultado o 31 de agosto de 2009. 
  7. "Test clínico de prueba de eficacia de Crescina". julio, 15, 1999. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2009. Consultado o 28 de agosto de 2009. 
  8. "Effect of loquat (Eriobotrya japonica Lindley) extract on acid production and growth of lactic culture". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2015. Consultado o 31 de agosto de 2009. 
  9. Taniguchi, Shoko; Imayoshi, Yoko; Kobayashi, Eri; Takamatsu, Yoshie; Ito, Hideyuki; Hatano, Tsutomu; Sakagami, Hiroshi; Tokuda, Harukuni; Nishino, Hoyoku (febreiro 2002). "Production of bioactive triterpenes by Eriobotrya japonica calli". Phytochemistry (en inglés) 59 (3): 315–323. doi:10.1016/S0031-9422(01)00455-1. 
  10. "Posible use of eriobotrya japonica extract, in particular in which stopped the growth of human squamous cell carcinoma and human salivary gland tumor cell lines.". 2006. Consultado o 31 de agosto de 2009. 
  11. Julia F. Morton: Loquat. In: Julia F. Morton: Fruits of warm climates. Miami 1987. S. 103–108. online

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gu Cuizhi, Stephen A. Spongberg: Eriobotrya. In: Wu Zhengyi, Peter H. Raven (Hrsg.): Flora of China. 9, Missouri Botanical Garden Press, St. Louis 1994+, S. 138 (eFloras.org; Stand: 17. März 2009).
  • Potter, D.; Eriksson, T.; Evans, R.C.; Oh, S.H.; Smedmark, J.E.E.; Morgan, D.R.; Kerr, M.; Robertson, K.R.; Arsenault, M.P.; Dickinson, T.A.; Campbell, C.S. (2007). Phylogeny and classification of Rosaceae. Plant Systematics and Evolution. 266(1–2): 5–43.
  • Butterfield, Harry M. A History of Subtropical Fruits and Nuts in California. University of California, Agricultural Experiment Station. 1963.
  • Facciola, Stephen. Cornucopia: a Source Book of Edible Plants. Kampong Publications, 1990. p. 380.
  • Johns, Leslie e Violet Stevenson, Fruit for the Home and Garden. Angus and Robertson, 1985. pp. 159–161.
  • Morton, Julia F. Fruits of Warm Climates. Creative Resources Systems, Inc. 1987. pp. 103–108.
  • Ortho Books. All About Citrus and Subtropical Fruits. Chevron Chemical Co. 1985. pp. 57–58.
  • Fujie T., Katoh S., Oura M., Urano Y., e Arase S. The chemotactic effect of a dermal papilla cell-derived factor on outer root sheath cells. J Dermatol. Sci. 25: 206-212, 2001.
  • Seok-Seon Rho, Su-Jin Park, Seong-Lok Hwang, Min-Ho Lee, Chang Deok Kim, In-Ho Lee, Sun-Youn Chang, e Moon-Jeong Rang. The hair growth promoting effect of Asiasari radix extract and its molecular regulation. J Dermatol. Sci. 38: 89-97, 2005.
  • Seok-Seon Rho, Chang Deok Kim, Min-Ho Lee, Seong-Lok Hwang, Moon-Jeong Rang e Yeo-Kyeong Yoon. The hair growth promoting effect of Sophora flavescens extract and its molecular regulation. J Dermatol. Sci. 30: 43-49, 2002.
  • Kawano M., Komi-Kuramochi A., Asada M., Suzuki M., Oki J., Jiang J. e Imamura T. Comprehensive analysis of FGF and FGFR expression in skin: FGF18 is highly expressed in hair follicles and capable of inducing anagen from telogen stage hair follicles. J Invest. Dermatol. 124: 877-85, 2005.
  • Ito C., Saitoh Y., Fujita Y., Yamazaki Y., Imamura T., Oka S. e Suzuki S. Decapeptide with fibroblast growth factor (FGF)-5 partial sequence inhibits hair growth suppressing activity of FGF-5. J Cell Physiol. 197: 272-283, 2003.
  • Inui S., Fukuzato Y., Nakajima T., Yoshikawa K. e Itami S: Androgen-inducible TGF-ß1 from balding dermal papilla cells inhibits epithelial cell growth: a clue to understanding paradoxical effect of androgen on human hair growth. FASEB J. publicado en liña o 18 de outubro de 2002.
  • Hibino T., Nishiyama T. Role of TGF-ß2 in human hair cycle. J Dermatol. Sci. 35: 9-18, 2004.
  • Murakami C., Hyoga K., Kasai R., Ohtani K., Kurokawa T., Ishibashi S., Dayrit F., Padolina W.G. e Yamasaki K. Screening of plant constituents for effect on glucose transport activity in Ehrlich ascites tumour cells. Chem. Pharm. Bull. 41: 2129-2131, 1993.
  • Shimaoka S., Imai R. e Ogawa H. Dermal papilla cells express hepatocyte growth factor. J Dermatol. Sci 7 suppl.: S79-83, 1994
  • Shimokawa T., Furukawa Y., Sakai M., Li M., Miwa N., Lin Y.M. e Nakamura Y. Involvement of the FGF18 gene in colorectal carcinogenesis, as a novel downstream target of the betacatenin/ T-cell factor complex. Cancer Res. 63: 6116-6120, 2003.
  • Brogi E., Winkles J.A., Underwood R., Clinton S.K., Alberts G.F. e Libby P. Distinct patterns of expression of fibroblast growth factors and their receptors in human atheroma and nonatherosclerotic arteries. Association of acidic FGF with plaque microvessels and macrophages. J Clin Invest. 92: 2408-2418, 1993.
  • Nakade O., Takahashi K., Takuma T., Aoki T. e Kaku T: Effect of extracellular calcium on the gene expression of bone morphogenetic protein-2 and -4 of normal human bone cells. J bone Miner. Metab. 19: 13-19, 2001.
  • Banno N, Akihisa T, Tokuda H, Yasukawa K, Taguchi Y, Akazawa H, Ukita M, Kimura Y, Suzuki T e Nishino H. Anti-inflammatory and antitumor- promoting effect of the triterpene acid from the leaves of Eriobotrya japonica. Biol. Pharm. Bull. 28: 1995-1999, 2005.
  • Ji Hyun Han, Oh Sang Kwon, Jin Ho Chung, Kwang Hyun Cho, Hee Chul Eun e Kyu Han Kim. Effect of minoxidil on proliferation and apoptosis in dermal papilla cells of human hair follicle. J Dermatol. Sci. 34: 91-98, 2004.
  • Harris G., Azzolina B., Baginsky W., Cimis G., Rasmusson G.H., Tolman R.L., Raetz C.R.H. e Ellsworth K. Identification and selective inhibition of an isozyme of steroid 5•-reductase in human scalp. Proc. Natl. Acad. Sci. 89: 10787-10791, 1992.
  • Lachgar S., Charveron M., Gall Y., Bonafe J.L. Minoxidil upregulates the expression of vascular endothelial growth factor in human hair dermal papilla cells. Br J Dermatol. 138: 407-411, 1998.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar