Nespereira, Pazos de Borbén

parroquia civil do concello de Pazos de Borbén

San Martiño de Nespereira é unha parroquia que se localiza no concello de Pazos de Borbén. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 792 habitantes (385 homes e 407 mulleres), o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 729 habitantes.

Nespereira
ConcelloPazos de Borbén[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°14′56″N 8°35′54″O / 42.2490111, -8.5982357Coordenadas: 42°14′56″N 8°35′54″O / 42.2490111, -8.5982357
Poboación792 hab. (2022)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Localización editar

 
Cruceiro de 1861.

Localízase ó suroeste do concello, entre Redondela e Mos. Por esta parroquia pasa o río Louro, con lugares habilitados para a pesca que conta cun pequeno encoro no que se baña a xente en verán.

Entre o patrimonio está a igrexa parroquial de San Martiño e a Capela do Carme.[3]

Festividades editar

Celebra varias festas, a da Virxe do Carme (o 15 de xullo), a de Santa Tareixa (outubro) e dúas festas gastronómicas: A festa do ovo en maio e a da carne ó caldeiro en outubro.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Nespereira editar

Lugares da parroquia de Nespereira no concello de Pazos de Borbén (Pontevedra)

Alvite | O Areeiro | Barcenal | O Galleiro | O Outeiro | Torrente | O Valado | Zoce

Parroquias de Pazos de Borbén editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pazos de Borbén

Amoedo (San Sadurniño) | Borbén (Santiago) | Cepeda (San Pedro) | A Ermida (Nosa Señora da Anunciación) | Moscoso (San Paio) | Nespereira (San Martiño) | Pazos (Santa María) | Xunqueiras (San Salvador)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar