Nephelium lappaceum

Nephelium lappaceum

Rambutáns, froito da árbore
Estado de conservación

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Sapindaceae
Xénero: Nephelium
Especie: N. lappaceum
Nome binomial
'Nephelium lappaceum'
L.

A rambutaneira[Cómpre referencia] (Nephelium lappaceum) é unha árbore da laurisilva tropical da familia sapindaceae, nativa da Insulindia, ten unha altura de 15 a 20 m, e o seu toro entre 50 e 60 cm de diámetro. O seu froito, comestíbel e un dos máis coñecidos da zona, recibe o nome de rambután[1] (do malaio rambut, "cabelos") e está estreitamente relacionado con outros froitos comestíbeis tropicais como o lichi, o longan e o mamoncillo (Melicoccus bijugatus). Malia ser nativa do arquipélago malaio, en Guatemala, O Salvador, Honduras, Costa Rica, Nicaragua, Panamá e México, coñéceselle coma mamón chino ou lichas, no Ecuador coma achotillo ou rambután e no Brasil coma rambutã, rambutão ou rambotã.

Descrición editar

 
Rambután

É unha árbore perenne que acada 10-20 metros de altura. As follas son alternas e pinnadas, de 10–30 cm de lonxitude, con 3-11 divisións, cada unha de 5–15 cm de lonxitude e 3–10 cm de largo, coas marxes enteiras. As flores son pequenas, 2-2,5 mm, non teñen pétalos e nacen dunha panícula terminal de 15–30 cm de longura.

A árbore pode ser: macho, con flores estaminíferas soamente e polo tanto, sen froita; e femia, que se produce froita; ou ambos os dous hermafrodito).

O froito é unha drupa oval de 3–6 cm de lonxitude e 3-4 de largo, nacen en acios de 10-20 xuntos. A pela é avermellada (raramente amarela ou alaranxada) e está cuberta por espiños macíos.

A froita ten unha polpa abrancazada e zumarenta, que pode ser moi aceda ou moi doce e melosa. A única semente de cor marrón ten 2–3 cm de lonxitude e é velenosa, polo que non debe ser consumida coa polpa do froito. De ser así, cómpre expulsala do corpo.

Produción editar

  • Esta árbore medra e produce mellor ao pleno sol. Pode sementarse en lombas ou en chairas sempre que non sexan moi húmidas.
  • É boa idea sementala en liñas de cerca, áreas abertas, zonas abandonadas ou para substituír árbores mortas de cacao, xa que pode servir de sombra para o cacao.
  • O espazo que ocupa unha árbore adulta é de entre 8 e 10 metros de lado a lado.
  • Só a árbore femia, que é hermafrodita, produce froitos e comeza a producir entre 4 e 6 anos. Cómpre eliminar ou enxertar a maioría de árbores machos.
  • Unha árbore adulta pode producir até 400 quilos de froitos ao ano.

Valor nutricional editar

Nephelium lappaceum
Valor nutricional por 100 g
Enerxía343 kJ (82 kcal)
20.87 g
Fibra alimentaria0.9 g
0.21 g
0.65 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
1%
0.013 mg
Riboflavina (B2)
2%
0.022 mg
Niacina (B3)
9%
1.352 mg
Vitamina B6
2%
0.02 mg
Ácido fólico (B9)
2%
8 μg
Vitamina C
6%
4.9 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
2%
22 mg
Ferro
3%
0.35 mg
Magnesio
2%
7 mg
Manganeso
16%
0.343 mg
Fósforo
1%
9 mg
Potasio
1%
42 mg
Sodio
1%
11 mg
Cinc
1%
0.08 mg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient


Taxonomía editar

Nephelium lappaceum foi descrita por Carl von Linné e publicada en Mantissa Plantarum 1: 125, en 1767.[2]

Sinonimia

Notas editar

  1. VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 207. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
  2. Nephelium lappaceum en Trópicos
  3. Nephelium lappaceum en PlantList

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar