Neil Young

músico e compositor canadense

Neil Percival Kenneth Robert Ragland Young, máis coñecido por Neil Young, nado en Toronto o 12 de novembro de 1945, é un músico e compositor de orixe canadense, que fixo a súa carreira nos Estados Unidos. Coñecido pola súa voz nasal e as súas letras, Young é unha lenda do rock estadounidense, aínda que o seu estilo musical transita entre o folk e o country rock, alternando con álbums máis pesados onde algunhas cancións aproxímanse ao hard rock, con guitarras sucias e longos solos con moita distorsión. Os seus concertos son verdadeiras celebracións de rock normalmente acompañado da banda Crazy Horse, que o acompaña desde o inicio da súa carreira.

Neil Young
Neil Young en 2006
Nome completoNeil Percival Young e Neil Percival Kenneth Robert Ragland Young
Data nacemento12 de novembro de 1945 (78 anos)
Nado enToronto (Ontario)
CónxuxePegi Young e Daryl Hannah
IrmánsAstrid Young
Ocupacióncantante, cantautor, director de cinema, músico, autobiógrafo, produtor musical, actor, pianista, actor de cinema, guitarrista, compositor de cancións e realizador
Selo(s) discográfico(s)Reprise, Geffen
Tempo en activo1960 - actualidade
PseudónimoBernard Shakey e Don Grungio
Na rede
http://www.neilyoung.com
IMDB: nm0949918 Allocine: 24679 Allmovie: p117689 TV.com: people/neil-young IBDB: 73100
Facebook: neilyoungrepriserecords Twitter: NeilYoungNYA Instagram: neilyoungarchives MySpace: neilyoung Youtube: UC8gbK8uoqKhlACSeenUPkFQ Souncloud: neilyoungsoundcloud Spotify: 6v8FB84lnmJs434UJf2Mrm iTunes: 147370 Last fm: Neil+Young Musicbrainz: 75167b8b-44e4-407b-9d35-effe87b223cf Songkick: 1980138 Discogs: 138556 Allmusic: mn0000379125 WikiTree: Young-9638 Deezer: 1379 Genius: Neil-young Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Young tamén dirixiu (ou co-dirixiu) varias películas usando o pseudónimo de Bernard Shakey. Algunhas destas películas son Journey Through the Past (1973), Rust Never Sleeps (1979), Human Highway (1982) e Greendale (2003).

Biografía editar

Neil Young naceu en Toronto, fillo do novelista e escritor deportivo Scott Young e de Rassy Ragland Young. Pasou os seus primeiros anos en Omemee, Ontario, unha pequena vila a 130 quilómetros de Toronto que posteriormente inmortalizou na súa canción "Helpless". Aos poucos anos diagnosticóuselle diabetes, e aos seis anos tivo a polio, deixándoo parcialmente paralizado.

Cando tiña doce anos, os seus pais divorciáronse e Neil trasladouse coa súa nai xunto á súa familia de Winnipeg, Manitoba, onde comezaron os seus anos de formación musical. Neil e a súa nai Rassy instaláronse nun suburbio da clase obreira en Fort Rouge. Matriculouse no Earl Grey Junior High School, onde formou a súa primeira banda, The Jades, e coñeceu a Ken Koblun, quen posteriormente uniríase a The Squires.

Durante a súa estancia no Kelvin High School de Winnipeg, tocou en varias bandas de rock. A primeira banda estable foi The Squires, que obtivo certo éxito local co tema "The Sultan". Abandonou o instituto e tocou en Fort William, Ontario, onde gravou unha serie de demos producidas por un produtor local chamado Ray Dee. Durante a súa estancia en Thunder Bay, atopouse por vez primeira con Stephen Stills.

Tras abandonar The Squires, traballou en clubs de folk de Winnipeg, onde coñeceu a Joni Mitchell. Durante esta etapa comezou a compoñer as súas primeiras cancións, tipicamente de carácter folk, como "Sugar Mountain".

En 1965 saíu de xira polo Canadá como artista en solitario, e en 1966 uniuse ao grupo Mynah Birds. A banda obtivo un contrato discográfico co selo Motown, pero ao tempo que o seu primeiro álbum era gravado, Rick James, o líder da banda, foi arrestado por desertar da Armada. Tras a ruptura do grupo, Young e o baixista Bruce Palmer trasladáronse aos Ánxeles (California).

Buffalo Springfield editar

Unha vez nos Ánxeles Young e Palmer reuníronse con Stephen Stills, Richie Furay e Dewey Martin para formar Buffalo Springfield. A mestura de folk, country, psicodelia e rock serviu coma ponte entre as guitarras de Stills e Young, convertendo a Buffalo Springfield nun éxito de crítica dende a publicación do seu primeiro traballo de estudio, Buffalo Springfield.

A desconfianza co seu representante, así como o arresto e deportación de Palmer, fixo que as relacións entre os membros empeorasen, levándoo á disolución apenas dous anos despois da súa formación. Un segundo álbum, Buffalo Springfield Again, sería publicado a finais de 1967.

En varios aspectos, as tres cancións de Young en Buffalo Springfield Again xa amosaban varios trazos do seus posterior traballo musical, xa que presentan letras persoais e idiosincráticas con distintos enfoques musicais ao que esencialmente se considera unha canción folk. Así, "Mr. Soul" é a única canción das tres que o grupo interpretou antes da súa separación. En contraste, "Broken Arrow" mantén unha estrutura folk rock que caracterizaría gran parte da música de Neil no futuro.

En maio de 1968, Buffalo Springfield separouse, pero para cumprir as súas obrigas contractuais publicaron un derradeiro álbum, Last Time Around, con gravacións de anos anteriores. Young contribuíu ao álbum cos temas "On the Way Home" e "I Am a Child", cantando como voz principal na segunda. En 1997, Buffalo Springfield entrou no Salón da Fama do Rock and Roll nunha cerimonia á que Neil non asistiu.

Carreira en solitario e traballo con CSNY editar

Despois da desaparición de Buffalo Springfield, Neil asinou un contrato en solitario con Reprise Records, selo onde estaba Joni Mitchell, que tamén compartía representante, Elliot Roberts. Young e Roberts comezaron a traballar no seu primeiro álbum en solitario, Neil Young, publicado en 1968 con críticas dispares. Nunha entrevista de 1970, criticou o álbum por estar "sobreproducido en vez de interpretado", en contraste coa espontaneidade que buscaba nos seus traballos.

Para o seu seguinte traballo, recrutou a tres músicos dunha banda coñecida como The Rockets: Danny Whitten na guitarra, Billy Talbot no baixo e Ralph Molina na batería. O grupo foi rebautizado como Crazy Horse en homenaxe ao xefe indio Cabalo Tolo. O novo álbum, Everybody Knows This Is Nowhere, foi acreditado a "Neil Young con Crazy Horse". Gravado en dúas semanas, o disco abre cun dos seus temas máis populares, "Cinnamon Girl", e inclúe tamén "Cowgirl in the Sand" e "Down by the River", nas que se inclúen longos traballos de improvisación á guitarra que se converterían co paso do tempo nunha marca de identidade de Young.

Pouco despois da publicación de Everybody Knows This Is Nowhere, reuniuse con Stephen Stills para sumarse ao supergrupo Crosby, Stills, & Nash, que xa tiña publicado un álbum como trío. Nun primeiro momento ofrecéuselle ser músico temporal do grupo, pero só aceptou unirse a eles se se convertía en membro oficial. O cuarteto estreouse en Chicago, Illinois o 16 de agosto de 1969, e posteriormente tocou no Festival de Woodstock. Durante a gravación do seu primeiro álbum como cuarteto, Déjà Vu, os músicos discutiron frecuentemente, particularmente Young e Stills, polo control do grupo.

Young compuxo o tema "Ohio" tras o masacre da Kent State University (onde 4 estudantes foron asasinados) ocorrido o 4 de maio de 1970, elemento básico nas manifestacións antibelicistas dos anos 70. A canción foi gravada por CSNY e publicada como sinxelo, aínda que o tema "Teach Your Children" aínda estaba nas listas de éxitos. Durante a década dos 70 e gran parte dos 80, evitou interpretar "Ohio" en directo, xa que a consideraba anticuada. Aínda así, a raíz das protestas da Praza de Tian'anmen de 1989, volveu interpretar o tema nos seus concertos en memoria dos estudantes asasinados. Crosby, Stills e Nash como trío tamén volverían a interpretar o tema en vivo durante a época, a pesar de que Young aportara a voz principal na gravación orixinal.

O mesmo ano viu a luz o terceiro traballo en solitario de Young, After the Gold Rush, que incluía, entre outros, a Nils Lofgren, Stephen Stills e ao baixista de CSNY Greg Reeves. Volveu a gravar algúns temas con Crazy Horse, pero estes foron descartados ao comezo das sesións. Axudado pola súa recente fama con CSNY, After the Gold Rush supuxo un éxito comercial para Young e contén algunhas das súas cancións máis coñecidas, como o tema que dá título ao álbum; "Southern Man", unha controvertida condena do racismo; e "Alabama", citada na canción de Lynyrd Skynyrd "Sweet Home Alabama".

Co distanciamento de CSNY e a firma dun contrato propio para Crazy Horse, Young comezou 1971 emprendendo unha xira en solitario bautizada Journey Through the Past Tour. Pouco despois, recrutou a un novo grupo de músicos de sesión, que bautizou como The Stray Gators, para gravar novo material estreado en directo e publicado oficialmente no álbum Harvest, un grande éxito comercial que lle deu a Young o primeiro número un da súa carreira co sinxelo "Heart of Gold". "The Needle and the Damage Done", pola súa banda, supón un sombrío lamento a causa da adicción á heroína e está inspirada en parte pola forte adicción do membro de Crazy Horse Danny Whitten, que morrería ao pouco tempo a causa dunha sobredose.

O 8 de setembro de 1972, a actriz Carrie Snodgress, coa cal estaba vivindo, deu a luz ao primeiro fillo da parella, Zeke, ao que pouco tempo diagnosticáronlle unha parálise cerebral. Young namorouse de Snodgress despois de vela nunha película, Diary of a Mad Housewife, na televisión e Young compuxo a canción "A Man Needs a Maid" que aparece no álbum Harvest.

Ditch Trilogy editar

Aínda que se planeou unha nova xira para continuar o éxito de Harvest, nos ensaios fíxose evidente que non podían contar con Danny Whitten debido ao seu abuso das drogas. O 18 de novembro de 1972, pouco despois de que fose despedido da preparación da xira, Whitten foi atopado morto por unha sobredose. Foi substituído polo guitarrista estadounidense de ascendencia galega Frank "Poncho" Sampedro.[1]

Discografía editar

Buffalo Springfield editar

  • Buffalo Springfield - 1966
  • Buffalo Springfield Again - 1967
  • Last Time Around - 1968
  • The Best of … Retrospective - 1969 recompilatorio
  • Buffalo Springfield (Collection) - 1973 recompilatorio
  • Buffalo Springfield (box set) - 2001 recompilatorio

Crosby, Stills, Nash & Young editar

  • Déjà Vu - 1970
  • Four Way Street - 1971
  • So Far - 1974 recompilatorio
  • American Dream - 1988
  • Looking Forward -1999

The Stills-Young Band editar

  • Long May You Run - 1976

En solitario editar

Notas editar

  1. Luis P., Ferreiro (18 de abril de 2010). "Rock en la sangre y gaitas en el ADN". La Opinión A Coruña (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2013. Consultado o 8 de xullo de 2022.