Navarra Televisión

Navarra Televisión ou NATV é a primeira canle da televisión autonómica privada navarra, sociedade adxudicataria da explotación das dúas canles de Televisión Dixital Terrestre autonómica no ámbito da Comunidade Foral de Navarra.

Navarra Televisión
Inicio das emisións 14 de maio de 2012
Propiedade de Promecal e Popular TV
Formato da imaxe 1080i HDTV
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Navarra Navarra
Canle que substitúe Canal 6 Navarra
Popular TV Navarra
Canle/s irmá(s) Navarra Televisión 2

Na rede
www.natv.es

Iniciou as súas emisións regulares o 14 de maio de 2012 en TDT. A súa programación, de carácter xeralist, ten como un dos seus eixos básicos a información, non só de ámbito autonómico, senón tamén nacional e internacional. Para iso conta cunha sede central situada en Pamplona. Ademais de Navarra Televisión, esta empresa conta cunha segunda canle, Navarra Televisión 2, con contidos divulgativos, de servizo público e en éuscaro.

Esta canle naceu tras a fusión de Canal 6 Navarra e Popular TV Navarra,[1] en busca dunha canle autonómica potente tras o peche da tamén canle privada Canal 4 Navarra. Grazas a esta fusión, o grupo resultante dispón da totalidade do diñeiro que ofrece a Comunidade Foral de Navarra como axuda para as televisións de ámbito autonómico que emiten no seu territorio.

Notas editar

  1. "Hoxe comeza a emitir a nova televisión navarra". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar