Navantia

sociedade pública española de construción naval militar

Navantia é unha sociedade pública de construción naval militar creada en 2005 como resultado da segregación da rama militar da antiga Izar.

Navantia
Tecnología para el mar a la medida del cliente
TipoSociedade Anónima
Fundación2005
MatrizSEPI
LocalizaciónMadrid, España España
FundadorMinisterio de Industria
Persoas claveSusana Sarriá (directora)
IndustriaNaval, enxeñería
ProdutosBuques, Submarinos, motores, turbinas
Número de empregados5.500 (2012)
Na rede
https://www.navantia.es/
Facebook: navantiaoficial Twitter: navantiaoficial Youtube: UC3h9x37gz4eR0KYyhAQSFow Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Estaleiro da ría de Ferrol en Fene
Manobra de carga do casco do buque HMAS Adelaide (LHD 01) na Ría de Vigo. Construído parcialmente en Navantia Ferrol envíase aos estaleiros BAE Systems Australia para a súa finalización.

Historia editar

As orixes da empresa están en 1730 coa creación dos arsenais para a Armada Española en Ferrol, Cartagena e La Carraca. En 1908 creouse a Sociedad Española de Construcción Naval (La Naval). Rematada a Guerra Civil foron nacionalizados e en 1947 baixo o nome de Bazán e xunto co INI en AESA (Astilleros Españoles Sociedad Anónima). No ano 2000 créase Izar e no 2005 trocan o nome por Navantia.

Centros de traballo editar

En Galicia, os seus dous únicos estaleiros e centros de actividade localízanse na comarca de Ferrolterra. As plantas, asentadas en Ferrol e Fene, correspóndense respectivamente coas antigas Empresa Nacional Bazán-Ferrol e Astano, agora unidas baixo un mesmo organigrama directivo. Na baía de Cádiz están, Puerto Real e San Fernando. En Murcia os de Cartagena.

Construcións navais editar

Navantia ademais de traballar para a Armada Española fai construcións para outros países, xeralmente despois de ter que participar e gañar en concursos internacionais.

  •   Armada Española
    • Xeira de 5 fragatas da serie F-100 construídas en Ferrol (proxecto inicialmente iniciado sendo Izar)
    • Buque LHD Juan Carlos I (L-61)
    • Buque de aprovisionamento loxístico Cantabria (A-15)
    • 4 patrulleiros clase BAM
    • 12 lanchas de desembarco LCM-1E
    • 4 Submarinos serie 80 (en construción)
    • 5 fragatas Clase F-110 en proxecto
  •   Acciona Transmediterránea
    • 2 buques Ro-Ro (carga rodante)
  •   Real Armada Norueguesa
    • 5 fragatas da Clase Fridtjof Nansen (F-300), construídas en Ferrol
  •   Armada de Venezuela
    • 4 Corvetas Tipo Povzee
    • 3 Patrulleiros Tipo BVL
  •   Armada de Chile
    • 2 submarinos Clase Scorpène (50%, xunto cos estaleiros franceses DCNS)
  •   Armada Real Malaya
    • 2 submarinos Clase Scorpène (50%, xunto aos estaleiros franceses DCNS)
  •   Real Armada de Australia
    • 2 LHD Clase Canberra baseados no deseño do Juan Carlos I (L-61) (a construír 80% en Ferrol, 20% en Australia) que toman o nome de Adelaide e Camberra.
    • 3 Destrutores AWD Clase Hobart derivados das fragatas Clase Álvaro de Bazán, deseño, enxeñería.
    • 12 lanchas de desembarco LCM-1E (a construír en San Fernando (Cádiz).
    • 2 buques tipo Cantabria (A-15) en construción en Ferrol.
  •   Armada turca
    • 1 LHD Tipo L61, enxeñería. Construído en Turquía.
  •   Armada Saudita
    • 5 Corvetas construídas en Navantia Cádiz[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar