National Security Archive

ONG de investigación documental de intelixencia dos Estados Unidos

O National Security Archive (en galego, Arquivo Nacional de Seguridade) é unha organización non gobernamental e sen ánimo de lucro dedicada á investigación sobre asuntos que implican aos servizos de intelixencia dos Estados Unidos. Fundado en 1985, localízase no campus da Universidade George Washington en Washington, D.C.[1]

National Security Archive
Tipoorganización sen ánimo de lucro e arquivo
Data de fundación1985
Fundador(es)Scott Armstrong
PremiosGeorge Polk Award
SedeWashington, D.C.
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.gwu.edu/~nsarchiv/ e http://nsarchive.gwu.edu/
Twitter: NSArchive Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Orixe e función editar

O National Security Archive foi fundado en 1985 ante a preocupación de xornalistas e académicos polo crecente poder dos servizos secretos e a intelixencia no goberno estadounidense. Abrangue diferentes funcións pois investiga sobre as relacións exteriores e arquiva a documentación desclasificada dos Estados Unidos, polo que tamén é un centro de referencia para o xornalismo independente.[2]

Apoiándose na Freedom of Information Act (en galego, Acta de liberdade de información), a lei que establece o acceso á documentación do goberno federal, o National Security Archive solicita información aos departamentos e axencias do goberno dos Estados Unidos. Unha vez obtida, procésaa e publícaa na súa páxina web.[3] Calcúlase que o longo da súa traxectoria fixo máis de 50 000 requirimentos ás administracións dos Estados Unidos e agrupa os millóns de documentos obtidos en diferentes proxectos, entre os que destacan: o de Vietnam, tortura, Cono Sur, relacións Irán-Estados Unidos, Cuba, Armamento Nuclear, Guatemala, Corea ou Chile.

Ademais, o National Security Archives coopera en xuízos por crimes cometidos por ditaduras. Deste xeito, por exemplo, achegou documentación incriminatoria no proceso da Audiencia Nacional de España que condenou ao antigo coronel salvadoreño Orlando Montano pola morte de Ignacio Ellacuría e outras oito persoas en novembro de 1989.[4][5] Tamén colabora con institucións que buscan documentar e conservar a memoria das vítimas de conflitos como a Comisión da Verdade de Colombia ou a Centro de Documentación e Arquivo de Paraguai, con quen fixo públicos máis de 60 000 documentos policiais da ditadura de Alfredo Stroessner.[6][7]

A súa andaina foi recoñecida coa concesión de varios galardóns tanto á institución como aos seus investigadores. Así, por exemplo, colaboracións do National Security Archive con documentais de televisión foron merecentes dun premio Peabody en 1998 e un Emmy no 2005.[8]

Casos destacados editar

A documentación que procesa o National Security Archive resulta de grande importancia para a investigación sobre a política exterior dos Estados Unidos. Grazas ás súas pescudas, esclareceuse o nivel de implicación das autoridades estadounidenses en operacións realizadas no contexto da Guerra Fría e a chamada "Guerra contra o terror" de principios do século XXI. Entre a información divulgada salientan casos como:

 
Edificio que alberga o NSA, na Universidade George Washington

Notas editar

  1. "The National Security Archive". The Library of Congress (en inglés). Consultado o 2021-10-08. 
  2. "National Security Archive". Berlin Center for Cold War Studies (en inglés). Consultado o 2023-08-25. 
  3. "The house that FOIA built and a mecca for documents buffs". The Washington Post. 8-5-2008. Consultado o 9-10-2021. 
  4. Doyle, Kate (2008-02-20). "Audiencia Española sobre el genocidio en Guatemala: Informe de una Observadora". WOLA (en castelán). Consultado o 2023-08-22. 
  5. RTVE.es (2020-09-11). "Condena a Montano por la matanza de los jesuitas en El Salvador". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2023-08-22. 
  6. "Archivo del Esclarecimiento de la Verdad". archivo.comisiondelaverdad.co. Consultado o 2023-08-22. 
  7. "Más de 60 mil documentos del Archivo del Terror serán digitalizados". Poder Judicial (en castelán). Consultado o 2023-08-22. 
  8. "Awards". nsarchive.gwu.edu. Consultado o 2021-10-09. 
  9. "The CIA's Family Jewels". nsarchive2.gwu.edu. Consultado o 2021-10-09. 
  10. Jones, Nate (2013-09-25). "FOIA Request Filed for National Security Agency Watch List that Included “Threats” MLK, Muhammad Ali, and Senator Church". UNREDACTED (en inglés). Consultado o 2021-10-09. 
  11. "U.S. Had Plans for "Full Nuclear Response" In Event President Killed or Disappeared during an Attack on the United States". nsarchive2.gwu.edu. Consultado o 2021-10-09. 
  12. "The Secret History of the U-2 - and Area 51". nsarchive2.gwu.edu. Consultado o 2021-10-09. 
  13. "Chile Project Postings". nsarchive.gwu.ed. 
  14. "Golpe de Estado: documentos desclasificados de Australia muestran que espías de ese país colaboraron con la CIA en Chile". CIPER Chile (en castelán). 2021-09-10. Consultado o 2021-10-09. 
  15. Laborde, Antonia (2023-08-09). "Kissinger a Nixon en 1970: “Los militares chilenos son un grupo bastante incompetente”". El País Chile (en castelán). Consultado o 2023-08-22. 
  16. "Operation Condor, 1975-1980 - National Security Archive". nsarchive.gwu.edu. Consultado o 2023-08-22. 
  17. "Investigador da pruebas documentales sobre el Plan Cóndor en Tribunal de Roma". www.lavanguardia.com. Consultado o 2023-08-25. 
  18. "CIA Confirms Role in 1953 Iran Coup". nsarchive2.gwu.edu. Consultado o 2021-10-09. 
  19. "1953 Iran Coup: New U.S. Documents Confirm British Approached U.S. in Late 1952 About Ousting Mosaddeq". nsarchive.gwu.edu. Consultado o 2021-10-09. 
  20. "The Osama Bin Laden File". nsarchive2.gwu.edu. Consultado o 2021-10-09. 
  21. "Saddam Hussein Talks to the FBI". nsarchive2.gwu.edu. Consultado o 2021-10-09. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar