National Film Registry

O National Film Registry (NFR) é o catálogo nacional de preservación do cine dos Estados Unidos (NFPB), unha selección de filmes da Biblioteca do Congreso. O NFP, estabelecido pola Acta de Preservación do Cine Nacional de 1988, foi reautorizado polas actos do congreso de 1992, 1996, 2005 e de outubro de 2008.[1][2][3] A lei de 1996 creou tamén a Fundación da Preservación do Cine Nacional que, malia estar afiliada NFPB, recada cartos do sector privado.[4]

Logo do National Film Registry.

Criterios de selección editar

A NFPB engade ao NFR ata 25 "películas cultural, histórica ou esteticamente significativas" cada ano, mostrando a variedade e diversidade do patrimonio cinematográfico estadounidense para aumentar a conciencia sobre a súa preservación.[5] Un filme pode ser incluído dez anos despois da súa estrea orixinal.[6]

Para a primeira selección en 1989, o público nomeou case 1000 películas para que fosen consideradas. A continuación, os membros da NFPB elaboraron papeletas individuais de posibles filmes para a súa inclusión. As papeletas foron tabuladas nunha lista de 25 filmes que logo foi modificada polo Bibliotecario do Congreso James H. Billington e o seu equipo na Biblioteca para a selección final.[5] Desde 1997, os membros do público puideron nomear ata 50 películas ao ano para que a NFPB e o Bibliotecario as consideren.[7]

O NFR inclúe filmes que van desde clásicos de Hollywood ata filmes orfos.[8] Non se require que un filmes sexa unha longametraxe, nin se esixe que se estrease en salas no sentido tradicional. O Rexistro contén noticiarios, filmes mudos, filmes de estudantes, experimentais, curtametraxes, vídeos musicais, filmes protexidos por dereitos de autor ou de dominio público, series de filmes, filmes caseiros, documentais, animación e filmes independentes.

Notas editar

  1. "Reagan Signs Law on Film". The New York Times. 28 de setembro de 1988. Consultado o 22 de xullo de 2009. 
  2. "Legislative Authorization". National Film Preservation Board. Consultado o 22 de xullo de 2009. 
  3. "Public Law 110–336—Oct. 2, 2008" (PDF). United States Government Printing Office. Consultado o 15 de agosto de 2009. 
  4. Fox, Michael (28 de maio de 2003). "Running Around San Francisco for an Education". SF Weekly. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 30 de xullo de 2009. 
  5. 5,0 5,1 "National Film Registry Adds 25 Films". Millimeter. 17 de decembro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2008. Consultado o 19 de febreiro de 2009. 
  6. Molotsky, Irvin (20 de setembro de 1989). "25 Films Chosen for the National Registry". The New York Times. Consultado o 30 de xullo de 2009. 
  7. Keogh, Jim (25 de marzo de 1999). "Public gets ticket to put favorite flicks in registry" (Fee required). Telegram & Gazette. Consultado o 4 de agosto de 2009. 
  8. What Happens to Films Selected for Preservation by the Library of Congress?|Mental Floss

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar