Nathaniel Hawthorne

Nathaniel Hawthorne (/nəˈθænjəl ˈhɔːθɔːrn/), nado como Nathaniel Hathorne en Salem (Massachusetts) o 4 de xullo de 1804 e finado en Plymouth (Nova Hampshire) 19 de maio de 1864) foi un novelista estadounidense coñecido polas súas numerosas historias de ficción gótica e romanticismo escuro.

Infotaula de personaNathaniel Hawthorne

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Nathaniel Hathorne Editar o valor em Wikidata
4 de xullo de 1804 Editar o valor em Wikidata
Salem, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte19 de maio de 1864 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Plymouth, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSleepy Hollow Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargos
cónsul estadounidense en Liverpool
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónUnitarismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónBowdoin College (pt) Traducir (–1825) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnovelista
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoFicción gótica
MovementoRomanticismo Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioMonsieur de l’Aubépine Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeSophia Peabody (m. 18421864)
FillosUna Hawthorne
Julian Hawthorne
Rose Hawthorne
PaisNathaniel Hathorne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Elizabeth Clarke Hathorne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsElizabeth Hawthorne Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0370426 Allocine: 197844 Allmovie: p217439 IBDB: 10936
Dialnet: 2496847 Musicbrainz: 72814fde-3d14-4b85-90ea-0e9d970fac02 Discogs: 3180789 WikiTree: Hawthorne-3 Find a Grave: 459 Genius: Nathaniel-hawthorne Editar o valor em Wikidata
Nathaniel Hawthorne, circa 1860-1864, retrato de Mathew Brady.

Fillo de Nathaniel Hathorne e Elizabeth Clarke Manning, os seus antergos inclúen a John Hathorne, o único xuíz involucrado nos xuízos de bruxas de Salem que nunca se arrepentiu das súas accións. Nathaniel máis tarde engadiu un "W" para cambiar o seu apelido por "Hawthorne", coa fin de ocultar esta relación. Ingresou no Bowdoin College en 1821, onde foi elixido membro da Phi Beta Kappa en 1824, e graduouse en 1825. Hawthorne publicou a súa primeira obra, unha novela titulada Fanshawe, en 1828. Máis tarde tratou de quitala do seu catálogo, sentindo que non era igual ao estándar do seu traballo posterior. Publicou varios contos curtos en xornais, que recompilou en 1837 como Twice-Told Tales. O ano seguinte comprometeuse con Sophia Peabody. Traballou na aduana de Boston e uniuse a Brook Farm, unha comunidade trascendentalista, antes de casar con Peabody en 1842. A parella trasladouse a The Old Manse en Concord, Massachusetts, despois a Salem, Berkshires e por fin a The Wayside en Concord. Unha das súas obras máis notables, The Scarlett Letter, foi publicada en 1850, seguida dunha sucesión doutras novelas. Un nomeamento político como cónsul levou a Hawthorne e a súa familia a Europa antes do seu regreso a Concord en 1860. Hawthorne faleceu o 19 de maio de 1864, deixando unha viúva e tres fillos.

Traxectoria editar

Nathaniel Hawthorne naceu como Nathaniel Hathorne o 4 de xullo de 1804 na cidade de Salem, Massachusetts, onde aínda se atopa a súa casa natal. A súa infancia foi difícil debido á morte do seu pai, falecido en Suriname cando Hawthorne tiña 4 anos. A partir de entón, a vida de Hawthorne volveuse complexa e ao mesmo tempo fascinante, particularmente debido á súa paixón pola literatura e a súa proximidade co puritanismo.

Esa proximidade co puritanismo xorde a partir dos seus antergos. O seu tataravó, William Hathorne, foi un dos primeiros colonos en establecerse en Salem.

Ata a publicación do seu primeiro libro Twice-Told Tales en 1837, Hawthorne escribiu en total anonimato na casa familiar. Dixo máis tarde:

Eu non vivía só soñaba que vivía.

En 1839, Hawthorne entrou a traballar na aduana do porto de Boston. Contraeu matrimonio coa pintora trascendentalista Sophia Peabody en 1842. O matrimonio trasladouse a Concord, Massachusetts. Alí tiveron de veciños os escritores Ralph Waldo Emerson e Henry David Thoreau.

En 1846 Hawthorne foi nomeado inspector da aduana de Salem, pero axiña perdeu o seu traballo debido a cambios administrativos en Washington. En 1852 escribiu a biografía do seu antigo compañeiro Franklin Pierce. Cando este gañou as eleccións, Hawthorne recibiu como recompensa o nomeamento de cónsul norteamericano en Liverpool (1853). En 1857 renunciou ao cargo e viaxou por Francia e Italia. En 1860 regresou coa súa familia aos Estados Unidos. Caeu enfermo pouco despois e faleceu en 1864, probablemente de cancro de estómago, en Plymouth (New Hampshire).

Nathaniel e Sophia Hawthorne tiveron tres fillos: Una, Julian e Rose. A primeira faleceu nova. Julian seguiu os pasos do seu pai como escritor, chegando a ser un prolífico autor. Rose converteuse ao catolicismo e fundou as Dominican Sisters of Hawthorne, congregación que se ocupaba do coidado de enfermos incurables de cancro.

Obra editar

Hawthorne é coñecido sobre todo polos seus relatos breves, moitas veces de contido sinistro ao gusto da época e polas súas catro novelas longas, The Scarlett Letter (1850), The House of the Seven Gables (1851), The Blithedale Romance (1852) e The Marble Faun (1860). Outra novela titulada Fanshawe, foi publicada anonimamente en 1828.

Hawthorne publicou ademais varios libros de contos, como Mosses from an Old Manse (1854). Neste libro atópase unha das súas historias máis populares, Young Goodman Brown[1] (1835), historia que hai unha crítica a temas relixiosos, como a fe e a pureza dunha persoa.

Encadrado dentro do romanticismo norteamericano, como Edgar Allan Poe, gran parte da súa obra localízase en Nova Inglaterra, e moitas das súas historias, de contido xeralmente alegórico, recrean intensamente o ambiente puritano que empapaba a sociedade daqueles anos; así ocorre en Ethan Brand (1850), The Birth-Mark (1843), Rappaccini's Daughter (1844), The Minister's Black Veil (1832) etc.

A crítica máis recente prestou atención preferente á voz narrativa de Hawthorne, considerándoa dentro dunha retórica autoconsciente, que non debe ser confundida coa verdadeira voz do escritor, o que contradí o vello concepto sobre Hawthorne de plúmbeo moralista cargado de complexos.

Os seus relatos leves e patéticos destacan polo seu estilo elegante e depurado. Neles o característico, segundo o escritor Luis Loayza, «é talvez o contraste entre a violencia exterior e a suavidade do ton, entre a voz delicada e as escuras suxestións do que di». Jorge Luis Borges observa, pola súa banda, que os seus contos expresan «o tenue mundo crepuscular, ou lunar, das imaxinacións fantásticas».[2]

Hawthorne tivo unha breve pero intensa amizade co novelista Herman Melville, quen lle dedicou a súa obra Moby Dick, “en homenaxe ao seu xenio”. A correspondencia entre ambos, non obstante, non se conserva.

O seu contemporáneo Edgar Allan Poe dedicou célebres recensións ás súas coleccións máis importantes, Twice-Told Tales e Mosses from an Old Manse. A pesar de certas reticencias, afirmou do autor:

Diremos enfticamente dos contos de Mr. Hawthorne que pertencen á máis alta esfera da arte. (...) Os trazos distintivos de Mr. Hawthorne son a invención, a creación, a imaxinación e a orixinalidade, trazos que, na literatura de ficción, valen acentuadamente máis que todo o resto.[3]

Bibliografía editar

Novelas

Novelas inacabadas

Contos

Contos para nenos

Biografía

Notas editar

  1. Young Goodman Brown. (1835, 1846) New-England Magazine, VIII (abril de 1835), 249-60. Polo autor de “The Gray Champion.” MOM 1846 I, 69-84; 1854 I, 87-105.
  2. Hawthorne, Nathaniel. Wakefield y otros relatos. Intr. Luis Loayza. Alianza Editorial, 1985. ISBN 84-206-0116-0
  3. Reseña de Twice-Told Tales, "Graham's Magazine", maio de 1842. En Poe, Edgar Allan. Ensayos y críticas Ed. de Julio Cortázar. Alianza Editorial, 1973. ISBN 84-206-1464-5

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar